Foro galego de testemuña cívica


SUAREZ ¿TRAIDOR?

25-03-2014 18:37

Cando alguen morre chega a hora de facer balance do que foi en vida e, tratandose dunha persoa chave na política como foi Adolfo Suarez, hai mais razons para iso.

O mais habitual é que os mortos sexan elevados ao reino dos ceos e todo se volva loubanzas e panexíricos, a menos que fora un desalmado.

Con Suarez está a ocurrir o habitual. Faiselle de morto o recoñecemento e as homenaxes que non se lle fixo de vivo.

Logo de abandonar a política activa pasou a ser un home discreto e esquecido pola maioría da clase política. Nada a ver cos Felipe Gonzalez, Aznares e outros mindundis de medio pelo.

A traxectoria de Suarez comeza na antesala do “reblandecemento” do réxime franquista, ocupando cargos oficiais e escalando postos ata rematar como Ministro Secretario General del Movimiento no ano 1975, dias despois da morte do dictador.

Con todo era, digamos que, un actor secundario do réxime apoiado, promovido por dirixentes de primeira fila.

Por iso foi unha auténtica sorpresa que fora incluido na terna que se lle presentou ao Rei, para elexir presidente do goberno, e moito mais que acabara sendo elexido.

O seu mentor foi nada menos que Torcuato Fernández de Miranda, un persoeiro moi relevante nesa etapa, que se encarregou de argallar a trama para que alguén tan secundario fora elexido para presidir, capitanear o proceso que o franquismo tiña xa asumido, o de maquillar o réxime para que parecera democrático e que se denominou Transición.

A evoluición que podería sufrir o estado español nese momento, iba ter repercusions, non só a nivel interno, senon tamén a nivel internacional.

Era época co a guerra fría ainda vixente, confrontación de bloques, con partidos comunistas e socialistas emerxentes en Europa.

Asi é que tanto USA como a UE preocuparonse de ter un protagonismo importante no proceso e, incluso hai quen afirma que a China de Mao tamén tomou partido, polo seu enfrontamento coa URRS.

Ambos buscaban que o modelo resultante fora incorporable á OTAN e á EU e, para eso tiña que ser un modelo intermedio, é dicir, tiñan que evitar que o Partido Comunista tuvera un bo resultado e que a transición fora pilotada por a ala dura do franquismo.

Nese momento Fraga por contactos e estratexia tiña moitas das papeletas para ser o lider da transición, por iso, hai moitos que opinan que a UCD foi unha operación para taponar a Fraga, por que era considerado franquista de mais.

Pois de este xeito, froito de cambalaches varios, Suarez aparece como Presidente do Goberno, como persoa aceptable para os bandos implicados.

Ao pouco de acceder ao cargo, comeza coa operación reforma, Lei de Amnistía, Lei para a Reforma, Constitución, etc.

Esto realizouse nun ambiente altamente tenso, con unha puxa entre un franquismo con todos os poderes e unha resucitada oposición democrática.

No medio Suarez. Contra todo pronóstico comezou a ir bastante mais alá do que o franquismo esperaba. A creación das autonomías con competencias políticas, recuperación do sistema foral e concerto económico para Euskadi e Navarra, legalización do PC ou algo que hoxe podemos considerar pueril como a Lei de divorcio, incomodou e moito aos sectores mais ultras, exército, igrexa. Tanto que comezaron a consideralo un traidor e iniciaronse movementos de desestabilización e ameaza. O propio Rei tuvo moito que ver nestes contubernios.

Dinamitouselle o partido por dentro e fixeronse campañas de medios orquestadas para desprestixialo, ata que finalmente optou por demitir. A UCD desaparece.

Baixo a miña opinión Suarez foi un político honrado e honesto. Home de dialogo e consenso. Posiblemente, se o proceso de transición se producira nun esceario de libertades plenas, sen ameazas, él tuvera chegado a establecer un estado bastante mais democrático do que finalmente resultou.

Considero que foi o mais democrático dos franquistas e, comparado co que veu logo ou o que temos hoxe, un político de bastantes mais kilates e de mais compromiso co cidadán. Non fixo fortuna co a política.

Certamente a clase política tén devaluado desde entón continuadamente. Nin xiquera dimiten por asuntos infinitamente mais graves que os que o levaron a él a abandonar.

Agora os franquistas e os neofranquistas, PPSOE, están embarcados nunha involución para anular a pouca democracia que instaurou Suarez e recuperar todo o poder que perderon na transición.

—————

Voltar