Foro galego de testemuña cívica


Salvar ou someter a Cataluña.

19-08-2014 21:27

No recente artigo Xustiza selectiva puña de relevo que, sen esculpar ao honorable Pujol polos seus actos corruptos, parecíame casualidade de mais que en vesperas do 9 de novembro para o que está fixada a consulta catalana, se destapen as supostas malas artes do ex-President cando ate hai catro dias era un protexido mais do réxime, cando hai indicios claros de corruptelas de moita maior envergadura e que salpican a persoas e institucions moito mais relevantes que pasan bastante desapercibidas, cando o seu caso está sendo reflexado, de forma continuada, en todos os medios sen nengun tipo de miramentos. Pujol foi un icono importante do catalanismo nestes trinta e cinco anos e alguen pode ter a sensación de que, desprestixiado Pujol, o soberanismo pode quedar moi tocado e pudo haber a tentación de planificar un acoso e derribo do soberanismo catalán decapitando aos seus simbolos mais importantes.

Un asunto do que, en principio, non hai indicios que fagan supoñer que implique a ningen mais que o seu entorno familiar, sen embargo aparecen movimentos, aparentemente desconectados entre si, que puxan por implicar a outras persoas e institucións claves do entramado político e administrativo catalán.

A ex noiva de Jordi Pujol junior, María Victoria Fernandez, foi a que aparentemente iniciou a cruzada por clarexar os asuntos turbios da familia Pujol-Ferrusola. Non parece que esa repentina arroutada veña motivada por un despertar dunha conciencia mais crítica e mais ética da a que amosaba cando acomopañaba ao seu ex noivo, antes de que apareceran os nubarrons que oscureceron o idilio entre os dous. Mais ben aparentaba ser a consecuencia, dunha ruptura brusca con supostos malos tratos de por medio, que rematan nunha revancha vengativa.

Pero hai cousas no seu comportamento que non cadran con ese perfil. Non casa moito ese afán de non regatear esforzos, acudindo a infinidade de persoas e institucions, segun declara durante anos, para unha venganza dunha simple ruptura de noivazgo. Tampouco resulta crible que se deba a un remordemento de conciencia ou un afán altruista de rexenerar a política catalana. Por outra parte, últimamente parece non ter suficiente con castigar ao seu ex noivo se non que pón un especial énfasis e acusar a persoas e institucions mais alá do entorno familiar dos Pujol-Ferrusola, que sorprende. Está tratando de implicar a Artur Mas e á oficina Antifraude.

Por outra parte a UDEF, segun filtracións aos medios, tería feito un informe no que poría en dúbida a profesionalidade e neutralidade dos Mossos de d´Esquadra. Para comezar raramente se fai público unha investigación tan negativa sobre corpos de seguridade. Hai unha especie de corporativismo que, ao contrario, nestes casos trata de ocultar e esculpar o mais posible calquera actuación irregular dos corpos de seguidade. Non me imaxino un informe de ese calibre sobre a policia ou a guardia civil.

Jordi Pujol, un President (Artur Mas), Oficina Antifraude, Mossos d´Esquadra, son simbolos e institucions clave que imprimen carácter e señas de identidade a Catalunya. Alguen podería pensar que calquera dúbida introducida sobre os mesmos, equivalería a introducir dúbidas sobre as bondades dun estado catalán independente.

Por eso produce dúbidas razonables que esto sexa froito da realidade e non consecuencia de unha acción planificada para reducir o soberanismo, agotados os demais recursos de amedrentamento e intimidación. nese caso, mais que un plan contra obxectivos concretos trataríase de un plan para o sometemento definitivo de Cataluña, revestido de salvación.

—————

Voltar