Foro galego de testemuña cívica


Reflexions sobre os resultados de eleccions Europeas

27-05-2014 00:55

Primeira conclusión, moi evidente, o gran batacazo do bipartidismo.

A nivel estatal,  PP+PSOE, suman un 49% do voto. A cifra mais baixa dende o 78.

Difícilmente o bipartidismo pode recuperalo terreo perdido por que son reos das suas contradiccións e das súas servidumes.

Tanto uns coma os outros botaron anos para asentar un sistema que lles servira aos seus intereses particulares e de partido. Tentarán buscar o medio de perpetuarse sen renunciar aos privilexios por que, de comezar o desmantelamento, eso non tería volta atrás.

Polo que respecta ao PSOE, o seu problema é renunciar a ese tipo de intereses e privilexios por que, de querer abandonar esa hipoteca, reconducir un discurso socialdemócrata hacia o interese xeral, con feitos e decisións que o ratifiquen, non é complicado.

Polo que respecta ao PP implica, ademais de renunciar aos seus privilexios e retirarllos as castas que os sustentan, ter que modificar discurso e ideoloxía.

O PP non é un partido concebido para gobernar en minoría, que obriga a consensos e aceptar propostas alternativas ás suas propias. Para gobernar con maioría vese obrigado a abranguer un espectro electoral moi amplo, dende a extrema dereita ao centro e, ainda así, non vai sobrado de apoios. Sempre as maiorías son bastante xustas. Para conseguir esto, vese forzado a construir un discurso equidistante, sen marxe de maniobra por que calquera variación, por pequena que sexa, faille perder votos por un calquera dos extremos.

De feito ultimamente xa lle comezan a aparecer competidores que pescan entre o seu electorado como UpyD, Ciudadanos ou Vox.

Esto fai que, para PPSOE, sexa tan malo o remedio como a enfermidade. Mal o inmovilismo e mal o cambio.

Hai descontento xeralizado pola corrupción, por que se fai política para uns poucos, a xustiza non é igual para todos e a cambio as clases medias e baixas soportan todo o peso da crise ao tempo que se lle recortan dereitos e servizos como a sanidade, a educación, pensions ou subsidios.

Esto só podería ser aminorado por un rexurdimento económico que non se vai producir, alomenos antes das próximas eleccións xerais, e polo tanto condena aos principais responsabeis da desfeita, PPSOE, a mover ficha ou perecer por parálise.

Do análise dos resultados pódese deducir que o votante tivo en conta comportamentos e promesas de rexeneración democrática por enriba de ideolxias.

Así temos igual castigo para PPSOE e distintos premios para o resto das forzas. Os mais beneficiados os rupturistas, UpyD, Ciudadanos, os soberanistas cataláns, os nacionalistas vascos, o Compromis valenciano e o sorpresivo Podemos. Os segundos premios para os que navegan a medio camiño entre a ruptura e o apego ao sistema como IU.

O BNG cae dous puntos polo efecto de varios factores: O empurre de AGE e Podemos mais a traxectoria errática dos últimos tempos.

 

En Galicia entre ambos, PPSOE, suman o 57% dos votos. O PP resiste mellor no interior que na costa e grandes urbes. Se nunhas autonómicas se produciran uns resultados similares, daríase un parlamento cun mínimo de cinco forzas e bastante equilibrado de representación. Esto abre un abano de posibilidades impresionante. Dá pé a unha riqueza política impensable hasta hai pouco.

Os bipartidistas sempre extenderon a especie de que mais de dous partidos converten a democracia en ingobernable. Evidentemente era unha estratexia mediatica para asegurarse a alternancia no poder perpetuamente.

Podénse poñer exemplos que demostran o contrario. O parlamento catalán está constituido por sete forzas políticas, onde o mais votado está bastante lonxe da maioría absoluta e funciona como a seda. É mais, cheganse a dar acordos cuatripartitos cando se poden acadar maiorías absolutas simplemente con dous partidos. Pero claro, hai un sentido da responsabilidade, unha tradición pactista e de consenso e unha forza lider sen exceso de ego nin prepotencia.

Dos resultados de estas eleccións pódese desprender que o electorado xa está vacinado das comeduras de coco bipartidistas e non ve ningún inconvente en que afloren novas forzas políticas. Ao contrario, hai un desexo de innovación que saben que non vai vir da mán dos de sempre.

Nunca hai partidos de mais, ainda que pareza unha esaxeración. A competencia é boa. Canta mais oferta mellor atendida estará a demanda e, se sobra algún partido, xa se encarregará o mercado electoral de facelo desaparecer. O que non é boa é a tiranía dos duopolios.

Confirmaronse nos resultados as boas expectativas que anticipaban as enquisas. Estamos no bo camiño. Non se debe derramar. Podemos liberarnos de tiranías con un parlamento plural.

Á vista dos resultados, o Congreso de Deputados xa non é representativo da vontade popular. PPSOE xa non representan nin xiquera aos que os votaron no 2012. Pola contra hai forzas que representan a mais xente que non teñen unha representación real. O actual Congreso de Deputados pode agotar legalmente a lexislatura pero xa non está lexitimado pola sociedade. Moito mais esperpéntico é o caso do partido gobernante que se permite abusar dunha maioría absoluta cando unicamente tén o respaldo de un de cada catro cidadáns. Se de veras primara o respeto aos cidadáns e non os intereses partidarios e espúreos, tería demitido o goberno e disolto o Congreso de Deputados e Senado. Espero que a madureza que demostrou a sociedade nestas eleccións tamén sirva para valorar como se merecen este tipo de comportamentos.

—————

Voltar