Foro galego de testemuña cívica


Quo vadis socialistas.

14-07-2014 22:16

Acaban de celebrarse as primarias do PSOE e sae vencedor un tal Pedro Sanchez que era unha total incógnita ate as vesperas de iniciarse a movida interna para suceder a Rubalcaba.

A priori Madina era considerado mais home de aparato que Pedro e o Tapias unha especie de freelance. Non obstante, despois Sanchez comeza a dar a sensación de contar con mais apoio do aparato, sobre todo da señora Susana Diaz.

Logo de escoitar as propostas dos candidatos, tanto Pedro como Madina, parecían Rubalcaba versión 2.0, con unha interface mais atractiva, é dicir. mais do mismo pero, como acunstuman a facer os socialistas logo dun fracaso, inician unha campaña de marketing que consiste básicamente en presentar unha cara nova, unha letra que sona bastante ben pero co a mesma música. Non concretaron nin entraron a fondo nos asuntos que mais preocupan. Simplemente se limitaron a seguir as estratexias de sempre con eslogans e frases que soan bonito de xeito que pareza que algo muda para que todo siga igual.

O único que se se saiu do guión do aparato foi o señor Tapias.

Os resultados foron proporcionales ás porcentaxes de avais obtidos o que parece indicar que os militantes responderon ás consignas dos distintos apoios do aparato.

Nas primeiras primarias que celebraron os socialistas, Borrell enfrontábase a un Almunia, secretario xeral, que representaba ao nucleo duro do aparato. Naquela ocasión os militantes derrotaron ao aparato. Nesta outra queda a sensación de que o aparato derrotou ás bases.

Os socialistas tiñan unha oportunidade de ouro para rachar co pasado pero volven a caer na trampa de que cun simple blanqueo de fachada poden recuperalo electorado perdido.

Espero que, polo ben de todos nós, se condenen ao fracaso ate que decidan dunha vez que non se nos pode facer comulgar con rodas de muiño.

Non é admisible que, ademais das continuas tomaduras de pelo, se atrevan a pensar que somos de corta intelixencia

—————

Voltar