Foro galego de testemuña cívica


Operación salvar o Réxime

06-06-2014 22:41

Os resultados das últimas eleccións europeas foron un cachete nos fuciños do réxime que, excesivamente confiado polas inercias do electorado, ainda confiaban que esa suma do 60% que lle concedían as enquisas fora fácilmente reparable. Pero cando os resultados din que non chegan ao 50% e que avanzan forzas políticas dispostas a afondar na democracia, transferirlle o poder ao pobo e facer un control mais exaustivo dos poderes políticos, xudiciais e económicos, enton prendense todas as alarmas. A cousa xa non está para bromas. O enfermo hai que tiralo da lista de espera  e pasalo a urxencias.

Abanean os pilares do sistema e pode vir todo abaixo. Non queren chegar ao derrube por ruina  para reconstruir de novo co perigo de que se aprobe outro deseño. Hai de apuntalar para a supervivencia.

A monarquia está en crise, sobre todo de credibilidade. E unha das causas de perda de credibilidade do réxime. Non está para aguantar outro descalabro electoral sen tomar medidas. Hai que apurar a operación de marketing da sucesión. Non se repara en medios e comezan a invasión de reportaxes ao mais puro estilo do NODO sobre a Casa Real. Os afectados por un posible cambio son as maiores fortunas do país, e os seus mercenarios de élite. Saben que a salvación agora xa pasa por invertir grandes sumas de diñeiro para parar o tsunami, por que hai moito que apuntalar e, parellamente, tentar de reducir á oposición. E xa comezan a verse as suas artimañas. Un exemplo, conseguir que a revista El jueves retire 70.000 exemplares do mercado e mude a súa portada. Esa operación non é posible sen promesas, presions e moito diñeiro de por medio. Foi tan escandaloso que oito dos seus redactores e debuxantes decidiron ir ao paro por non aturar a vergoña.

Sempre sospeitei que Rubalcaba permanecia ao frente do PSOE, non por que el se considerase o mellor cartel para recabar apoios electorais, se non para poder exercer un control do partido en representación dos antediluvianos e outros vividores.

Os acontecementos confirmanme as miñas hipóteses. Dimite pero aguanta ate que se finalice a primeira parte da operación salvavidas, mudar Rey por Rey para que nada mude. Non teñen moi seguro que, cun novo lider, os deputados votasen si á sucesión. Cando menos que non se producira unha fragmentación do voto.

Despois de esto, seguirá correndo diñeiro, presions e coaccións, alí onde cumpra para tapar as fisuras do réxime e, non quero dar ideas, pero témome que se estea embalsando diñeiro, en entidadades financieiras, para polo en circulación pouco antes das eleccions xerais, no momento mais oportuno, para frenar os aires reivindicativos.

O réxime vaise defender como gato panza arriba. Vai facer unha resistencia numantina. A miña esperanza está en que teño confianza na madureza acadada pola sociedade, en que ainda quedan reductos importantes aos que non pode chegar o seu control, en que as sociedades civís tenden a progresar, nunca a retroceder.

Vannolo poñer algo mais dificil do que parecía pero ímolos esperar con calma e paciencia para darlle o seu merecido no momento oportuno.

—————

Voltar