Foro galego de testemuña cívica
O medo como ferramenta para o triunfo
31-05-2014 03:36Ao día seguinte das eleccións europeas, sairon en tromba os mercenarios a soldo do PP, contra o inimigo número 1 do bipartidismo, o ariete e sorpresa electoral, Podemos.
Calificativos como antisistema, radicais, bolivarianos, extremistas, Pablo coletas, cartillas de racionamento, frikis, incluso nazis, invadironnos por terra, mar e aire, nunha especie de fogo cruzado e intenso como se se tratase do desembarco de Normandia.
Estaba cantado de que se trataba dunha estratexia programada, un coro de tenores, que obedecían as indicacións dos seus amos: Os políticos corruptos e o IBEX35.
Había que, o antes posible, marcar territorio con respecto a todo aquel que albergase a tentación de poñer en dúbida o sistema e, como non, de socavar os sacros fundamentos da súa pervivencia.
Cando un partido político non tén argumentos por que non está disposto a recoñecer a súa corrupción e o seu servilismo aos grandes poderes fácticos e, moito menos, a pedir perdon "y no lo volveré a hacer nunca mas", ante o pavor de ver perdida a batalla electoral bota mán do último recurso: o terror. Terror mediático e terror institucional. Atemorizar aos cidadáns para que non se subleven nas ruas nin nas urnas.
Estilo e métodos que se corresponden co que son: mafiosos. As mafias só teñen unha maneira de impoñer a sua autoridade sobre a sociedade. Todos saben quen son os capos, a que se dedican, como actúan pero soportan a extorsión polo imperio do medo.
Condenas de ata tres anos pola simpleza de participar nunha manifestación, modificación da ley para poder aplicar abusivas sancións administrativas no que antes eran pequenas condenas ou, maiormente, absolucións xudiciais, malleiras descomunales a manifestantes pacíficos, homicidios de inmigrantes, persecucións de tuiteros, son medidas persuasivas e represivas, encamiñadas a inmovilizar e enmudecer ao cidadán.
Para rematar a faena unicamente lle faltaba o control sobre as urnas e esta é a estratexia que acaban de empezar. Plantexar que a alternativa é moito mais terrorífica ca eles. Que os que predican unha rexeneración en realidade buscan unha revolución, bolivariana por suposto.
Pódese intuir que a case totalidade dos votos perdidos polo PP foron á abstención e, quizas alguns, se decantaron polas mensaxes de rexeneración.
Trátase pois de tentar movilizar aos abstencionistas, chamandoos a defender os valores do mundo occidental, do primeiro mundo e que os reacios a votar PP, cando menos, voten a un moderado e sensato PSOE.
Esto resulta mais evidente logo de escoitar as declaracions do señor X, o ínclito membro do consello de administración de Gas Natural, abogar pola gran colalición e mais formar parte dos tenores que nos anuncian o Apocalipsis.
—————