Foro galego de testemuña cívica


Claro que se pode

28.03.2014 15:45

É innegable que existe unha fonda decepción con respecto á clase política. A xente síntese literalmente estafada, enganada, como cando se produce unha infidelidade de parella. Lóxicamente a reacción inmediata é de altas doses de cabreo. A cada noticia que aparece nos medios de unha nova estafa, mais cabreo, mais indignación.

Esto tén que dar paso unha etapa mais sosegada, de reflexión, na que se debería meditar ¿Por que aconteceu isto?¿Como podemos arranxalo?.

Cando me preguntan sobre istas cuestións trato de explicar que non é tanto un problema de persoas ou partidos, se non que se trata de un problema sistémico. O sistema, ainda que pareza increible, foi pensado principalmente para favorecer a corrupción a altos niveis, anque tamén haxa metástase noutros órganos de nivel inferior.

Escoitaba do xuiz Elpidio Silva que, excepto en dous casos, as empresas do IBEX35 proceden do franquismo. Efectivamente isto é moi certo. ¿Que significa isto de que a dictadura foi capaz de implantar 33 empresas de alto nivel e a democracia unicamente duas?. Non pode ser por causa do nivel da economía que non é inferior, nin de tecnoloxía que claramente mellorou, nin de que os cerebros privilexiados despareceron co a dictadura.

Eses empresarios destacados, de alto nivel, da etapa franquista, non eran simples emprendedores, non eran empresarios que basaran o seu éxito na mellora dos medios de produción, da mellora da competitividade. O seu éxito viña moi ligado aos favores prestados aos golpistas, durante e despois do golpe. Formaban un tandem de favores mútuos co poder para defender "a cosa nostra", para que se entenda, "a cousa nosa" do enrequicemento. Un estado de corrupción basado nas concesións de contratos de servicios públicos, lexislación adecuada aos seus intereses, de concesións de exclusividade en determinadas materias, contubernio empresa banca, etc.

Como a ninguén lle amarga un doce, había que tentar que isto perdurase alén da morte do dictador. De iso encarregouse a tan modélica transición. Mantiveronse as columnas principais, as dos favores mútuos, sobre as que se sutentaba "a cosa nostra". Por isa razón, do IBEX35, 33 proceden do franquismo.

¿Tén isto arranxo?. Resulta complicado enfrontarse a unha dictadura pero, nesta dictablanda, temos unha ferramenta moi importante que, ben utilizada convertese nunha arma definitiva. Amordazaron os sistema por todalas beiras pero non nos poideron negar o dereito ao voto para elexir aos representantes.

A decepción chegou a tales límites que moitos entenden que elixas a quen eleixas todos son iguais. Plantexamento absolutamente equivocado, propagado polos corruptos para que creas nun destino fatalista, irremediable, obviamente para perdurar no poder.

Non podo crer que entre mais de coarenta millons de españois non haxa un número de honrados cualificados suficientes para ocupar os cargos políticos.

Si os hai pero o sistema está pensado para mediocres, fáciles de corromper, de xeito que os honrados e cualificados fuxan, nin se acheguen, cando se lle menciona participar en política.

Hai que mudalo sistema pero, para mudalo, hai que elexir aos encarregados de facelo que, claramente, non poden ser os que hoxe en dia usufructuan o poder, ninguén tira pedras contra o seu tellado.

Unicamente me preocupa unha parte dos cidadáns que cren que hai unha corrupción mala e outra boa. Que a mala é aquela na que non poden participar no re parto das migallas e a boa é aquela na que si, de cando en vez, se tira algun proveito. Os que así pensan están cabreados cos Bárcenas, e demais fauna delincuente de alto standing, pero non ven como pernicioso pequenos favores dos que poden ser beneficiarios. Son os que, estando tamén indignados, son reacios a mudar o seu voto para non perder esa porta falsa de acceso a favores.

Non nos enganemos. Calquera favor político é corrupción e calquera corrupción é mala. A corrupción é como o cancro, comeza con unha célula e remata en metástase. Un sistema político xusto e honrado, non precisa de isas portas falsas para que o cidadán teña percepción de estar ben atendido. Se precisas atención médica e tés unha longa lista de espera non vaias á busca do amiguete para que te poña por diante na lista. Por que se todos facemos o mesmo o orde da lista acaba sendo o mesmo e, se unicamente o fan uns poucos, serían privilexios non acordes cunha democracia na que todos aportamos e polo tanto temos dereito a ser tratados igual. Queixate, denuncia, elixe aos mais aptos, aos mais responsables. Se se favorece a corrupción podemos conseguir que nos adianten na lista pero, a cambio de iso, quedas obrigado a pagar o rescate dos bancos, o rescate das autovias, o rescate das eléctricas, o rescate en sobres dos políticos e a soportar a decadencia, dia tras dia de ises servicios sanitarios,  e o resto de sevicios públicos.

—————

Voltar