Foro galego de testemuña cívica


Analise e diagnóstico do sistema político

19-03-2014 18:19

A ORGANIZACIÓN POLITICA DO ESTADO ESPAÑOL

 

A organización política do estado espanhol, despois de trinta e cinco anos de transición, derivou nunha podremia que ou ben acabamos con ela ou ela acaba connosco.

Para averiguar cales son os remedios aos males hai que previamente facer un diagnóstico acertado para saber cal é a verdadeira raiz de tales males.

O que ven a continuación e unha analise de cales son as raices dos males, como esas raices botan rama como as hedras trepan e suben agarrandose a todo e penetrando en todo para o sustento do sistema orgánico da enredadeira.

Para concluir tento dar unha sintese da miña visión de cales poden ser as solucións para unha rexeneración do sistema.

 

 

 

RAICES HISTÓRICAS

 

Os períodos democráticos en España son de escasa duración. Entre  monarquias absolutas e a recente dictadura ocupan a historia ate o ano 1975. Esto orixina unha escasa cultura democrática e acentua o espirito de sumisión da poboación, caldo de cultivo para que emerxan unhas clases pudentes de cortesanos arredor do poder absoluto, con moitos intereses particulares,  privilexios e reaccionarias, dispostas a defender con uñas e dentes o seu estatus. Algo, por outra parte, cosustancial con calquera sistema de poder absoluto.

O golpe do 36 triunfou pola escasa experiencia do goberno da República e polo apoio aos golpistas de esas clases pudentes e cortesans que atisbaron a posibilidade de que se produciran reformas que diran ao traste con eses privilexios ilimitados.

O triunfo do golpe posibilitou reestablecer a entente cordiale entre as forzas fácticas dos cortesanos para a contraprestación mutua de favores e a mantenza do sistema absolutista. Unha rede formada polo poder político, exército, poder xudicial e poder económico bendecida pola eirexa para a defensa da cosa nostra.

Cando unha dictadura desaparece por derrocamento do dictador é case inevitable unha depuración de responsabilidades realizada polos novos poderes gobernantes.

Non obstante cando o dictador desaparece por motivos biolóxicos logo de 36 anos de reinado, sen oposición interna que atemorice, a garda pretoriana de cortesans tén tempo e poder para preparar o relevo hacia un novo sistema que manteña no posible o seu ascendente sobre o poder político establecido.

O paso da dictadura á actual democracia denominouse como Transición. Este término é un eufemismo que reflexa o peculiar proceso democratizador sufrido polo Estado español, que realmente consistiu nunha transformación do rexime franquista nunha democracia. Unha variante da Democracia Orgánica, unha democracia tutelada polo poder político, promulgada por Franco pouco antes de morrer.

Cando se iniciou o proceso había partidarios de unha ruptura co réxime anterior aducindo que ese debería ser o camiño correcto que permitía arrinconar todo atisbo de franquismo tanto ideolóxico, como político, como administrativo e construir de raíz un novo sistema democrático sen hipotecas do pasado. Mais o famoso ruido de sables fixo que pouco a pouco a maioría aceptase que mellor unha mala democracia que unha boa dictadura.

Cando un golpe militar derroca a unha democracia para instituir unha dictadura, e cando esa dictadura chega ao seu fin, reinstaurase automaticamente a legalidade anterior xa que unha dictadura carece de lexitimidade para crear un novo sistema democrático, como ocorreu en Arxentina ou Chile.

O paso da dictadura á democracia non foi realmente administrado polos grupos democráticos senon que foi proposto e tutelado polos propios actores da dictadura, que viron como inevitable darlle un lavado de cara ao réxime co a instauración dunha seudodemocracia, empurrados polas circunstancias e co a garantía de que eles mesmos establecerían os limites do novo modelo, mantendo para iso uns supervisores de verificación do cumplimento de non ultrapasar os límites preestablecidos e de que non se esixirían responsabilidades con carácter retroactivo, é dicir, aos colaboradores do golpe estado e do réxime franquista.

Incluso os partidos políticos que xa eran legais durante a república tuveron que volver a legalizarse para así poder impoñerlle condicións previas á legalización.

O primeiro paso foi a promulgación da Lei de Amnistia Xeral que, baixo a falacia de que a guerra do 36 fora unha guerra civil entre dous bandos, non un golpe de estado, eximia aos dous bandos de toda responsabilidade. Na realidade o aparato franquista dun plumazo autoabsolvíase de todolos abusos cometidos, polo golpe de estado,  durante a guerra, e nos 36 anos posteriores de dictadura. Por outro lado impedía calquera tipo de depuración do entramado político-admisnistrativo  permitindo seguir en activo a todo o núcleo duro da dictadura, que non estaba suxeito a procesos electorais pero que tiña un gran peso no aparato administrativo e institucional. Funcionarios, xuices, fiscais, exército, policía, etc, que colaboraran activamente co a dictadura, pasaron a ser administradores da democaracia.

O segundo paso foi elaborar unha constitución democrática á medida das garantías esixidas. Como xefe de estado o mesmo nomeado por Franco, cando o racional era voltar á república, o sistema legal derrubado polo golpe do dictador. Bandeira e himno, os instaurados polo dictador con leves retoques na bandeira para maquillala. Como garantes últimos dos límites dos procesos democráticos o exército a traves do título VIII, que lle autoriza incluso a un golpe de estado, e un unha Igrexa Católica con un protagonismo constitucional impensable en calquera democracia occidental, mais propio de democracias islámicas. Tampouco foi admitida a recuperación dos avances autonómicos da república por que asi mesmo rebasaba ou abria portas a traspasar os límites que os tutores do proceso de transición tiñan previamente establecidos para a conformación política e competencial do estado e territorios periféricos a Madrid. Houbo que votar novos estatutos e implantouse o coñecido café para todos como forma de diluir o modelo autonómico.

Así pois tentabase de establecer un estado con unha descentralización mais administrativa que política, con autonomías que se aproximasen a meras delegacions do goberno central, disminuidas no protagonismo político.

Na práctica constituiuse unha democracia parlamentaria tutelada, en definitiva un neofranquismo democrático.

Tan así foi que cando as forzas fácticas comezaron a temer que o proceso se lle escapaba das mans organizaron o golpe do 23-F que tiña como primeiro obxectivo constituir un goberno de concentración presidido por un militar para reconducir o proceso. Din as crónicas do momento, e as posteriores, que o golpe fracasou pero isto non é estrictamente certo por que simplemente deron marcha atrás cando viron que imaxe xenerada non era a de salvación nacional, como pretendian vendelo produto novamente, e intuiese que se obtuveron certas garantias de reconducir o proceso por parte de colectivos con peso no ámbito político que animaron a non continuar co levantamento militar con trama civil.

De feito a política que se realiza a continuación é bastante conservadora nos aspectos que son tabú para os reaccionarios. Iniciase unha estratexia de ralentización da descentralización, as duas forzas maioritarias forzan ao maximo o bipartidismo parlamentario, o reparto bipartidista das autonomias, eliminar partidos bisagra e mais tratar de marxinar aos partidos nacionalistas.

As demais institucions non políticas dominadas polos neofranquistas, siguen mantendo intacto o control central co que, en principio, podense volver a envainar os sables.

De aqueles pós veñen estas lameiras. Cada vez que se tenta tocar un asunto tabú entran en erupción as forzas reaccionarias apoiadas polos medios cavernarios para frenar o proceso. Os atrancos e ruido mediático contra a Lei de Memoria Historica, retirada de crucifixos de escolas, acoso e derribo do Estatut de Catalunya, son botons de mostra de que o neofranquismo sigue tendo excesiva presencia e peso contra determinadas decisions políticas.

Por outra parte parte, promulgouse unha Lei Electoral feita á medida para o control dos partidos. Baixo o pretexto de evitar un Congreso dos Deputados con moitos forzas políticas, ingobernable, fíxose un sistema electoral con un reparto de escanos pola lei D´hont que premia ás forzas maioritarias, as provincias como circunscripción electoral que enlaza co espirito de 1816 e premia tamén aos maioritarios, un sistema que te obriga a escoller entre partidos en lugar de entre persoas reforzando así o papel dos partidos frente aos deputados. A partitocracia.

Esto conleva, a parte da reducción de forzas parlamentares, un empobrecemento intelectual dos integrantes das listas electorais o cal fai mais doado o manexo dos electos polas cúpulas dos partidos e, en consecuencia, aumenta a posibilidade de que estes poidan porse á disposición de grupos fácticos poderosos, de todo tipo.

A obriga electoral de ter que optar forzosamente por partidos impide a transversalidade á hora de que o elector escolla a quen votar. Tamén o denominado voto útil é unha consecuencia de este sistema que incentiva ao votante a concentrar o voto en determinados partidos, co a axuda da nada desdeñable manipulación informativa que, mediante a técnica da chuvia fina (como diría Aznar), logra convencer á opinión pública de que os consensos entre partidos son perniciosos e que o mellor é o goberno de partido único.

Todo esto axuda a  reducir significativamente o pluralismo político.

Así chegamos a un bipartidismo casi perfecto, cortesán, que é a antesala das coruptelas recentemente aperecidas con amiguismo administrativo, portas xiratorias, compraventa de cargos electos, etc., etc.

A Constitución do 78, ainda que concibe distintos niveis políticoadministrativos con autonomía propia, mantén unha xerarquía onde na cima da pirámide están as instititucións de goberno central tanto do poder político como xudicial, xuntamente co a posibilidade legal de que estes poderes centrais teñan o poder legal de revisar competencias, financiación e control dos outros poderes territoriais. Esto permite desmontar o estado autonómico ou local convertindoo nunha mera administración delegada do goberno central.

En resume, partindo dun estado lixeiramente descentralizado pódese chegar a un estado totalmente centralizado sen ter que facer modificacions na constitución, é dicir, chegar a unha concentración total do poder en Madrid baixo o control de unicamente dous partidos. O cenario perfecto para os poderes fácticos.

 

 

DEMOCRACIA TUTELADA

 

Tal e como están saindo á luz pública as noticias sobre as irregularidades políticas, á maioria da sociedade non lle queda a menor dubida de que existe unha corrupción xeneralizada en todolos ámbitos que vai dende o sistema económico-financeiro ata o político, incluindo o xefe de estado e pasando polo estamento xudicial.

Isto está a provocar unha grande indignación nunha ampla maioría social que observa como determinados intereses particulares priman sobre os xerais e, ao mesmo tempo, comeza a ter conciencia de que é preciso que se exixan responsabilidades e que compre facer unha rexeneración da política.

Tamén unha parte importante comeza a vislumbrar cales son as causas primeiras de que os sistema apodrecera e pide urxentemente remedio se poñan en práctica medidas urxentes.

A sociedade civil foi collida de sorpresa por que, a parte mais sangrante e escandalosa, foi coñecida de súpeto co cal non deu tempo a facer unha reflexión sosegada e polo tanto fanse analises en quente co que eso conleva sempre. Tamén a sociedade civil non é experta en política nin tén a suficiente cultura democrática para saber cales son as consecuencias de determinadas decisions nin cales son as mellores e mais adecuadas.

Un exemplo de isto son posibles solucions que se escoitan como reducir drásticamente os cargos electos ou baixar as remuneracions dos mesmos sen darse conta de que iso xustamente produciría o efecto contrario do que se busca.

Por iso entendo que é misión das forzas políticas axudar a iluminar sociedade de cal é o camiño mais correcto.

Vistos os erros cometidos durante a transición que foron os que nos trouxeron ate iste lameiro, e dando por bo análise anterior, compre agora acertar coas solucions adecuadas.

Como se viu anteriormente as principais causas da dexeneración de este sistema ou perpetuación do anterior vén por o establecemento dunhas regras de xogo que favorecen que a función política acabe como acabou.

Na constitución introducironse cuestions que non son baladis e teñen moita incidencia sobre o funcionamento democrático ainda que non sexa esa a apariencia.

 

  • Xefe de Estado nomeado na dictadura.
  • Papel preminente do exército.
  • Entidades locais e Autonomicas submetidas políticamente, directa ou indirectamente, ao poder central. Perpetuación das provincias e Deputacións Provinciais como residuo do centralismo xacobino.
  • Sistema electoral dirixido á reducción da pluralidade política e asentamento dunha partitocracia.
  • Tribunal Constitucional como última instancia democrática.
  • Concentración dos máximos poderes xudiciais na capital do reino.
  • Preestablecer que a Eirexa Catolica e unha autoridade moral para a maioria.

 

Istas son as columnas sobre as que se asenta o entramado

 

Xefe de estado

O Xefe de Estado foi elexido polo dictador ainda que despois se lle fixera un lavado de cara cunha seudoratificación a través da inclusión na Constitución do artigo prreliminar “La forma política del Estado español es la Monarquía parlamentaria”. Este xefe de estado xurou fidelidade ao réxime anterior e fixo grandes eloxios do anterior xefe. Por esa razón foi elexido, pola fidelidade ao rexime e ao que representaba.

Tamen foi o encargado de tutelar a transición, en condición de Xefe de Estado, con poderes absolutos.

Ainda que a constitución non lle asigna cometidos politicos si lle reserva  funcións clave no organigrama institucional.

Artículo 62 da Constitucción

Corresponde al Rey:

a) Sancionar y promulgar las leyes.

b) Convocar y disolver las Cortes Generales y convocar elecciones en los términos previstos en la Constitución.

c) Convocar a referéndum en los casos previstos en la Constitución.

d) Proponer el candidato a Presidente del Gobierno y, en su caso, nombrarlo, así como poner fin a sus funciones en los términos previstos en la Constitución.

e) Nombrar y separar a los miembros del Gobierno, a propuesta de su Presidente.

f) Expedir los decretos acordados en el Consejo de Ministros, conferir los empleos civiles y militares y conceder honores y distinciones con arreglo a las leyes.

g) Ser informado de los asuntos de Estado y presidir, a estos efectos, las sesiones del Consejo de Ministros, cuando lo estime oportuno, a petición del Presidente del Gobierno.

h) El mando supremo de las Fuerzas Armadas.

i) Ejercer el derecho de gracia con arreglo a la ley, que no podrá autorizar indultos generales.

j) El Alto Patronazgo de las Reales Academias

Artículo 122 da Constitucción

3. El Consejo General del Poder Judicial estará integrado por el Presidente de Tribunal Supremo, que lo presidirá, y por veinte miembros nombrados por el Rey por un periodo de cinco años. De estos, doce entre Jueces y Magistrados de todas las categorías judiciales, en los términos que establezca la ley orgánica; cuatro a propuesta del Congreso de los Diputados, y cuatro a propuesta del Senado, elegidos en ambos casos por mayoría de tres quintos de sus miembros, entre abogados y otros juristas, todos ellos de reconocida competencia y con más de quince años de ejercicio en su profesión.

A Casa Real é unha institución carente de responsabilidade xudicial, o rey non pode ser investigado, nin imputado nin xuzgado. Tampouco se lle poden exixir responsabilidades políticas.

Aparentemente pode dar a impresión de floreiro pero eses poderes ben administrados, cunha garda pretoriana, na que se incluen medios de comunicación, dispostos a ser serviles, moito tempo para intrigas palaciegas, os presidentes mudan pero él permanece, acábano convertindo no persoeiro central da trama.

Por exemplo todolos rumores apuntan que tuvo moito que ver na demisión de Adolfo Suarez para frenar a deriva democrática que os sectores descontentos da cosa nostra comezaban veladamente a criticar.

Din que o poder corrompe. Eu creo que o poder corrompe se se exerce con impunidade. Se o gobernante se ailla do cidadán deshumanizase, tende á egolatria e, se percebe impunidade, volvese prepotente e corrupto.

Unha monarquia cuio poder é vitalicio, que vive totalmente aillada dos problemas dos cidadans, que conta cunha protección de impunidade, forzosamente tén que deshumanizarse, ser prepotente e corromperse.

Cando a cima da piramide está corrupta que se pode esperar dos seus cortesans.

 

Papel do exército

Outra das medidas de seguridade incluidas na constitución para evitar derivas democráticas foi reservarlle ao exercito victorioso da cruzada nacional, unha función preeminente.

 

Constitución.-Artículo 8

1. Las Fuerzas Armadas, constituidas por el Ejército de Tierra, la Armada y el

Ejército del Aire, tienen como misión garantizar la soberanía e independencia de España,

defender su integridad territorial y el ordenamiento constitucional.

 

Hai rumores de que este artigo da constitución entregouselle nun documento dentro dun sobre aos Pais da Constitución para que o incluiran si ou si. Unha imposición.

O exército é unha institución mais que debe estar ao servicio da sociedade e, en consecuencia, porse ás ordens dos seus representantes.

A redacción de este artigo non tén desperdicio. Está casi perfecto para os obxectivos que se pretenden sen dar sensación de autoritarismo.

Feito unha analise da redacción vese cal é o trasfondo do mesmo.

Onde di … tienen como misión garantizar… debería decir … tienen como misión defender…. As defensas fanse por encargo de alguén e cando actúas como garante podes facelo por conta propia, e dicir, na defensa actúas por encargo dos representantes populares e cando actúas como garantista non precisas de ese encargo.

O ordenamento constitucional é un asunto interno, de orde político e xurídico, polo tanto non hai ningunha razón democrática para que o exército poida intervir e moito menos actuar como garante. En canto á integridade territorial unicamente por un ataque dende o exterior se pode utilizar o exército do contrario é un asunto meramente político e democrático e, en caso extremo, recabala axuda das forzas de seguridade. Incluso a soberanía non é asunto militar, de feito España tén efectuado cesions de soberanía á UE e ninguén se imaxina que, para iso, se tuvera que consultar ao estamento militar.

Non é preciso explicar o poder persuasivo e intimidatorio dun exército durante anos ao servicio dunha dictadura e polo tanto dubidar da súa efectividade como garante.

En definitiva, estase a autorizar a unha facción do anterior réxime que vele pola boa praxis dos procesos democráticos internos.

Organización territorial

Na constitución prevese unha descentralización político administrativa pero deixase en maos do poder central a chave de decisións politícas que son clave para controlar eses poderes territoriais. Hai competencias exclusivas do Estado e competencias dos poderes locais que,  non son exclusivas. Unha descentralización xerarquizada, tal que, os poderes centrais poden, a través de eses mecanismos, conseguir a sumisión dos poderes territoriais ata covertilos en administracions delegadas. Ise é o camiño que actualmente se está a tomar dende o goberno central en base a artigos da constitución tales como, por exemplo algo tan aparentemente inocuo como o Artículo 149 (Constitución)

1. El Estado tiene competencia exclusiva sobre las siguientes materias:

1.ª La regulación de las condiciones básicas que garanticen la igualdad de todos los españoles en el ejercicio de los derechos y en el cumplimiento de los deberes constitucionales.

 

Case todalas competencias das CCAA son compartidas e están sometidas a unha lexislación básica de competencia exclusiva do Estado.

Incluso a autonomía financieira non queda establecida e depende do goberno central. Esto tamén pode ser usado como ferramenta de sometemento.

Mantense a división provincial e as Deputacions como un resto da organización xacobina, con varios fins, entre eles, como unha porta aberta a poder reconstruir unha estructura paralela aos concellos e CCAA que as poidan suplantar en moitas materias, tratandose de institucions con menos carga nacionalista e mais facilmente dirixibles dende o poder central.

 

Sistema electoral.

O sistema electoral foi concebido co a escusa de evitar unha excesiva fragmentación parlamentar que dificultase a toma de decisións. Efectivamente unha excesiva fragmentación política pode dificultar a toma de decisións, como ocurre en Italia, pero este sistema van tan sobrecargado de filtros que produciron un efecto contrario, tan acusado, que ainda é mais pernicioso que o que se trataba de evitar. O resultado final foi unha reducción da pluradidade tal que, entre dous partidos, chegan a sumar o 85% do electorado.

A atribución de respresentantes electos segun votos faise aplicando a coñecida Lei D´hont que favorece aos partidos mais votados.

A circunscripción electoral, canto mais pequena, menos representantes electos e, polo tanto, precisase maior porcentaxe de voto para obter un representante e, en consecuencia, maiores dificultades para os partidos menos votados. Como vemos non é casual que se tomara a provincia como circunscripción. Non era factible outra mais pequena.

A elección por partidos, en lugar de por persoas, impide a transversalidade electoral, é dicir, que un elector poida votar candidatos de mais de un partido. Consecuencia, a menos beneficiarios menor pluralidade, aparición do voto util e partitocracia.

Nos inicios da democracia reduciuse o debate a un enfrontamento de dous bandos, democratas contra franquistas, equiparado a esquerdas contra dereitas. Ese é o xermen do bipartidismo. O panorama partese en dous bloques UCD-AP representantes da dereita e PSOE-PC representantes da esquerda, no que logran furar de forma minoritaria partidos nacionalistas. UCD descalabra reducindo a dereita a un único partido. O PSOE obtén un gran triunfo por que nese momento xa aparece o efecto do voto util. O voto de centroesquerda concentrase no partido con mais opcions e mais moderado para expulsar do poder ao franquismo. Esta paranoia de demócratas contra franquistas continua e acentúa cada vez mais o voto útil, en ambos bandos, co a obsesión do triunfo polo triunfo, reducindo cada vez mais o panorama electoral a dous partidos. Só a persistencia dos partidos nacionalistas impediu que o bipartidismo fora perfecto.

Usaronse tamén estrataxemas dialécticas como que a pluralidade obrigaba á negociación política e, polo tanto, á compra-venda de políticos para intereses particulares. Esto, dende medios de comunicación poderosos, partidarios do bipartidismo por intereses espureos, foi creando unha conciencia colectiva de que o mellor sistema era o de goberno de partido único, sen hipotecas.

Por outra parte o sistema electoral que obriga a elixir partidos fai que o elector comeze a non ter en conta as virtudes dos candidatos, onde importa mais vencer ao inimigo do outro bando que o curriculum do candidato.

O partido tén a ultima palabra para que unha persoa figure nunha lista como candidato. Por outro parte en base á experiencia e ás enquisas os partidos coñecen con antelación que postos da lista teñen garantía de sair elexidos.

Para alguén, que estea interesado en sair elexido, é mais importantante estar a ben co aparato do partido que cos electores. Por tal motivo os partidos comenzan a encherse de persoeiros dispostos a ser serviles e sumisos e os membros dos aparatos partidarios a importarlle mais que os militantes sexan serviles que as suas capacidades intelectuales para ocupar cargos de responsabilida ou ser candidatos. Esto produce partidos cada vez mais xerarquizados verticalmente e mais abundancia de mediocridades. Moitos militantes mediocres non teñen outra aspiración que a de converterse en mercenarios, para tirar da política o que nunca poderían conseguir fóra pola sua incapacidade.

Aqui temos como o sistema político vai dexenerando ata converterse nun cúmulo de despropósitos.

 

Tribunal Constitucional

O Tribunal Constitucional é a ultima instancia no referente a se as leis aprobadas son ou non constitucionais e non cabe recursocontra as suas sentencias.

Para comezar o término Tribunal xa non é moi acertado posto que non hai un acusador e un acusado ainda que a constitución o disfrace ao falar de cosa juzgada cando se refire á lei que vai ser sometida a dictame. Baixo o meu entender unha lei non pode ser xuzgada en todo caso dictaminada. Tampouco o xuicio conta con un fiscal, nin un defensor, nin unha persoa xuzgada (Os obxetos non se poden xuzgar), nin hai unha unha condena de reparación pola falta ou delito cometido.

Entendo que o uso errado da terminoloxía non obedece á falta de coñecementos dos Pais da constitución senon todo o contrario. Creo que hai unha intencionalidade.

O poder xudicial está para aplicar as leis que aproba o lexislativo composto polos representantes do pobo. En ningún caso teñen competencias para modificalas. Os xuices aplican a lei través de xuicios, con unha parte acusadora e unha persoa fisica ou xurídica xuzgada por un presunto delito, onde as partes se personan con un acusador, o fiscal, e a posibilidade de abogado acusador, mais a persoa xuzgada con abogado defensor. Nada que ver cos procedementos do Tribunal Constitucional.

Se o Tribunal Constitucional non celebra xuicios, non pode haber sentencias, non pode haber condenas e, nese caso, o TC convertese simplemente nunha comisión de expertos e as suas deliberacions en dictamens e non poden modificalas leis.

Para evitar esto, os promotores da Constitución introducen trucos semánticos que dean unha apariencia formal que sirva para conseguir o que se pretende.

Comeza por denominar a comisión de expertos como Tribunal Constitucional. Para xustificar esto, converten a lei recurrida en cousa xuzagada como se de unha persoa se tratase. Automáticamente o dictamen pasa a ser sentencia e o recurrente a parte acusadora.

Ante unha sentencia a ningun outro poder, incluido o político, lle queda outra saida que acatala. En cambio un dictamen non tén por que ser vinculante.

En definitiva un órgano composto por membros non elixidos polo pobo, pode enmendarlle a plana ao lexislativo, teóricamente o máximo órgano de representación da soberanía popular, anulando ou amputando as suas leis e convertendose de feito na terceira cámara lexislativa, de última instancia e non recurrible.

Tendo en conta que para elixir aos membros do TC, compren tres quintos do Congreso, que o sistema político é casi bipartito,  que o bipartito coincide na concepción xacobina do estado, está garantizado que tén gañado de antemao calquera recurso contra as leis autonómicas e en ultima instancia pode ser utilizado como filtro do que se aprobe no Congreso.

Evidentemente o TC convértese noutro resorte mais para o control das decisions democráticas por parte dos centralizadores.

 

Xustiza centralizada.

A constitución contempla que os máximos órganos xudiciais, tanto tribunais de última instancia, como os de goberno e de promoción na carreira xudicial, están centralizados na capital do reino.

A dictadura, previa adaptación da lexislación aos seus fins, utilizou aos corpos de seguiridade e xuices como órganos de represión e castigo contra a disidencia. No caso dos xuices, coidouse moito de que nas altas instancias só chegaran os mais fieis ao rexime.

Cambiado o rexime ningun xuiz foi depurado, nin removido do seu posto. Polo tanto o entramado xudicial do franquismo permaneceu intacto.

Vén a Constitución e mantén prácticamente o mesmo formato xudicial co engadido de que aparece un consello xeral do poder xudicial que se encarga da promoción e ascenso dos xuices para os cargos mais relevantes.

Os membros do consello entre que en parte eran e son elexidos polo Congreso e Senado e outra parte entre xuristas de recoñecida experiencia, mínimo quince anos, ao primeiro foi coto reservado para os magistrados do franquismo posteriormente unha leve apertura hacia maxistrados progresistas, mais proclives ao PSOE.

En calquera caso todo un entramado que de un xeito ou de outro conecta cos dous grandes partidos ben por afinidade ideolóxica, ben por que a sua designación procede de ambos directa ou indirectamente, salvo honrosas excepcións que ambos non puideron evitar ou non son quen de controlar.

O ascenso xudicial está mais marcado por afinidades ideolóxicas que por méritos de carreira.

Igual que no anterior rexime este entramado cumple unha doble función, protexer e preservar aos seus afins e ser o brazo executor de sentencias con fin exemplarizante para diferentes intereses de índole política

 

Eirexa Católica

O articualado da constitución, no referente á Eirexa católica, queda a medio camiño entre un estado laico e un estado confesional

 

Artículo 16 (Constitución)

1. Se garantiza la libertad ideológica, religiosa y de culto de los individuos y las

comunidades sin más limitación, en sus manifestaciones, que la necesaria para el

mantenimiento del orden público protegido por la ley.

2. Nadie podrá ser obligado a declarar sobre su ideología, religión o creencias.

3. Ninguna confesión tendrá carácter estatal. Los poderes públicos tendrán en

cuenta las creencias religiosas de la sociedad española y mantendrán las consiguientes

relaciones de cooperación con la Iglesia Católica y las demás confesiones.

 

Garantizase liberdade relixiosa e de culto. Ningunha confesión terá caracter estatal pero os poderes publicos manterán relacions de cooperación co a Eirexa Católica e demais confesions. Faise mención especial a Eirexa Católica cando debería ir incluida entre todas as demais confesions.

O estado ademais de aconfesional debería declararse laico como se reflexaba na constitución republicana do 31. Por outra parte, non se debería obrigar aos poderes públicos a manter relacions de cooperación co catolicismo e demais confesions. Non hai por que ser hostiles pero tampouco partir dunha posición de sometemento forzoso aos intereses das confesións.

Esta era a redacción do apartado 3 do Artigo 16, no primeiro borrador da constitución:

3. Ninguna confesión tendrá carácter estatal. Los poderes públicos tendrán en cuenta las creencias religiosas de la sociedad española y mantendrán las consiguientes relaciones de cooperación".

Como se pode ver non se facía mención explícita á Eirexa Católica e suprimindo o último párrafo hai mais sensación de autonomía do Estado frente ás confesións relixiosas.

Previamente á confección da constitución, xa o Estado e a Eirexa firmaran un Concordato no que se buscaba ir atando o futuro da Eirexa no estado español.

Todo esto trouxo consigo a financiación estatal da Eirexa, liberala de impostos e que a relixión fose predicada nas escolas.

Esto é un premio ao poder acadado pola Eirexa gracias ao seu apoio e colaboración co franquismo.

 

 

 

REXENERACIÓN DEMOCRÁTICA

 

Nos apartados anteriores faise unha análise pormenorizada dos fallos fundamentais dos sistema político que impiden que sexa un sistema realmente democrático.

Ata hai uns anos a casi totalidade dos cidadans consideraba que estabamos nunha democracia. Tuvo que vir unha crise económica para que a xente se dera de conta que este sistema unicamente tén de democrático que hai eleccions de representantes cada catro anos pero que, entre eleccions, o político fai o que lle peta.

Entre o cidadán cunde o desánimo, a desafección e unha rabea interior. Campo estercado para populismos mesiánicos, para propostas demagóxicas, para que os partidos mais culpables presenten propostas de unha mudanza mais aparente que real para que o fundamental non mude.

O cidadán é unha esponxa que absorbe a información de uns medios de comunicación manipuladores, por que os medios tradicionais son ante todo empresas que teñen que obter beneficios e, entón, primeiro están as rentabilidades e despois a información.

Á morte do dictador, todalas empresas de medios de comunicación eran moi conformes co franquismo, eran bastante rentables e eran moi ben recibidas polo usuario, en xeral. Polo tanto moi difícil crear novas empresas e, en consecuencia, ter unha pluralidade informativa real. Todo o mais o PSOE, dende o poder e á vista da sua necesidade de equilibrar a información, axudou a crear algún medio que lle  fora mais afin. E nas comunidades con mais sentido de autogoberno trataronse de crear novos medios afins ao nacionalismo e mesmo tentar de atraer aos tradicionais sen demasiado éxito, excepto Cataluña e país Vasco.

Eso contribuiu a que, en grande medida, a discusión a nivel estado fose esquerdas-dereitas e non centralismo si, centralismo non, ou que nivel de descentralización era o mais correcto, papel da monarquía, etc. Ao contrario, calquera apertura de debate de eses temas, era respondido con moita crudeza por parte dos medios.

Os medios desempeñaron un papel fundamental para asentar este sistema.

 

Para rexenerar os sistema é preciso, ainda que non suficiente, modificar ou eliminar da constitución aqueles aspectos que, como poidemos observar, foron incluidos para perpetuar controles e privilegios do franquismo.

 

A dinastía dos Borbons carece de lexitimación por que colaborou no golpe de estado do 36 e o actual monarca foi elexido polo dictador e xurou fidelidade aos intereses  franquistas. Os feitos acontecidos durante os case 38 anos de xancarlismo mostran que tén cumplido coas promesas feitas ao dictador e que a monarquía se converteu nunha institución que, ante todo, pensa en si mesma.

 

Como mínimo á xefatura do estado hai que exixirlle responsabildade e transparencia. Un xefe de estado tén que poder ser destituible, de non cumplir co as expectativas esperadas polo cidadán e o nomeamento de un novo tén que ser democrático, e decir, por elección popular.

Esto implica que o sistema político tén que ser de córte republicano ou similar.

Por outra parte hai sistemas políticos nos que non se da a bicefalía de presidente do goberno e xefe de estado. Tamén hai algun estado onde non hain nin xiquera xefe de estado nin presidente de goberno central.

En calquera caso os cargos de representación popular ha de ser electos.

 

O exército tuvo un importante protagonismo para a instauración e permanencia da dictadura. Toda a súa historía está marcada por un servicio aos seus intereses e  aos do absolutismo, á súa vez, ao servicio de intereses espúreos. Sempre foi un elemento que dificultou a democratización.

Os únicos poderes legítimos en democracia son o Executivo, o Lexislativo e o Xudicial o resto debe estar ao servicio de estes poderes excepto, claro está, os cidadans.

Do mesmo xeito que na constitución se sinala que Las Fuerzas y Cuerpos de seguridad, bajo la dependencia del Gobierno... tamén se debería facer constar esa dependencia para o exército e non convertelos en garantes da integridade territorial, do orde constitucional e da soberanía do estado.

 

Manter a división provincial só tén sentido para unha certa continuidade do funcionamento da administración central desde unha óptica xacobina e para ter unha circunscripción electoral reducida.

Tamén axuda a xustificar a continuidade das Deputacions provinciais.

Co a aparición das Autonomías carece de sentido a existencia de esas Deputacions. A función das mesmas pode ser repartida perfectamente entre Concellos e Autonomías. ¿Por qué entón se manteñen na constitución? Como un residuo do centralismo dentro das Autonomías. Como as bases americanas en territorio extranxeiro. Como unha alternativa centralista ao poder autonómico. Tamén se acabaron convertendo en captadoras de voto por que poden practicar amiguismo e enchufismo xa que, por non depender directamente dos votantes, non son castigables electoralmente. Así foi que se converteron en puros centros de donación de favores e despilfarro a cambio de votos.

Nestes momentos o PP está tentando modificar a lexislación local co ánimo de transferir competencias dos concellos ás deputacións como unha fase mais do proceso recentralizador que está acometendo.

As deputacions non melloran os servicios ao cidadán, todo o cotrario, serven aos partidos maioritarios e, se o considerasen necesario, poderían ser utilizadas para un vaciamento de competencias tanto dos concellos como das autonomías. Son polo tanto institucions a eliminar para un bo funcionamento da administración democrática.

 

A totalidade ou case totalidade das competencias das autonomías non son exclusivas, son compartidas. O goberno central reservase o poder de decisión sobre asuntos importantes de esas competencias. Tamén a financión de esas competencias non están totalmente definidas e dependen de unha concesión, nalguns casos negociada,  do goberno central.

Esto fai que as comunidades se vexan política e finacieramente, subordinadas ao goberno central. Esto, mais a forte xerarquización dos partidos mais centralistas, fai que paulatinamente se aproximen a administracions delegadas do goberno central ou, cando menos, dependentes dos órganos centrais de eses partidos.

O estado español en gran parte é un estado herdado, territorial e administrativamente, ao que se lle poden introducir melloras co permiso dos poderes reais.

Supoñendo que o estado non existira, e quixéramos crealo, habería que facer un proceso de abaixo a arriba. Supoñendo un territorio con cidadans sen estructura administrativa, primeiramente agrupariamosnos en colectivos reducidos formando unha especie de cooperativas para atender asuntos imposibles a nivel individual. Elixiríamos a persoas encargadas de xestionar eses asuntos (representantes), que periódicamente terían que informarnos das xestións realizadas e costes de esas xestións e  atender as observacións e novas directrices ou encargos que lle formulase a asamblea de cidadans. Poderían ser o equivalente a concellos.

Mais adiante daríamosnos conta de que quedan asuntos que non son posibles de realizar a nivel concello e que se precisa de unha federación de concellos ao que se lle traspasarían esas funcions (competencias) pero reservándose desde os concellos os poderes de autoridade sobre eses novos entes e mais a liberdade de poder abandonar esa federación. Poderían ser o equivalente ás autonomías. Unha vez realizadas as autonomías poderíase comprobar que algunhas das suas competencias poden ser mellor xestionadas se nos aliamos con outras federacions (autonomías) baixo os mesmos parámetros que se puxeron para a constitución das autonomías. E así igual para constituir a UE.

O resultado final, nada que ver co actual Estado Español, sería mais demócratico e participativo.

Con esto pretendo deixar patente que un estado centralizado non responde realmente ás demandas democráticas e, de aspirar a un modelo mais participativo, hai que facer un proceso inverso de descentralización ata chegar ao modelo antes descrito.

Como descentralización equivale a maior democracia,  non se debe traspasar unha competencia a un nivel superior que poida ser atendida por un nivel inferior.

Así pois hai que facer unha descentralización político-administrativa do estado español de xeito que os poderes emanen de abaixo a arriba e, comezando polos concellos, se vaian cedendo competencias aos niveis superiores que non poidan ser atendidos adecuadamente polos inferiores. Evidentemente as competencias han de ser exclusivas para calquera nivel e non compartidas como ate o de agora.

Pos suposto tanto as competencias como as porcentaxes de financiación, sobre o recaudado, que lle corresponde a cada nivel deben quedar reflexados na constitución e estatutos das autonomías. En calquera caso, calquera modificación ao respecto debería ser autorizada polas autonomías e, de ser necesario, abriríase un debate nun órgano común, chámese conferencia de presidentes, senado territorial ou calquera órgano no que haxa representación das CCAA, como mínimo en igualdade de condicións co goberno central.

 

Para perfeccionar a participación do cidadán na vida política habería que introducir a posibilidade de consulta vinculante ou referendum por iniciativa popular para dous obxectivos concretos: revocacion de leis e revocación de gobernos sostidos por maiorias absolutas.

A tramitación de estes referendums tería que ser baixo a exixencia de unhas sinaturas mínimas de respaldo a esa iniciativa.

Xa na Constitución de 1931 aparecía a figura do Referendum Lexislativo, de iniciativa popular, que permitía modificar leis aprobadas polo Congreso. Para eso bastaba con que fose solicitado polo 15% do electorado.

Nas actuais Iniciativas de Lexislación Popular (ILP) o seu punto feble é que teñen que ser debatidos e aprobados polos parlamentos, onde a maioria gubernamental acaba rechazandoas por que non poden admitir unha derrota nin un cambio na estratexia, con todo o que eso significa.

A realidade é que dous partidos maioritarios poden modificar o que lle apetece, sen consultar co cidadán, e impedir reiteradamente calquera outra modificación por intereses partidistas.

Poderíase adoptar unha variante que consistira en que, se unha ILP sae derrotada nun parlamento pero acada o respaldo do 40% dos deputados, automáticamente se convoque un referendum de aprobación da iniciativa.

Este formato ademais trae un efecto secundario beneficioso que consiste en que a maioria gobernante coidase mais de non lexislar de espaldas ao cidadán ante o temor a ser derrotada por un referendum.

 

Calquera institución cuios membros son elixidos polos cidadáns debe ser soberano e responder únicamente ante os cidadans que os elixiron, salvo por suposto dos casos de imputaados pola xusticia.

Un concello ou un parlamento autonómico deben ser tan soberanos como o Congreso. Por enriba non debe haber ningún poder político e moito menos institucions non electas.

O Tribunal Constitucional é un organo de vixilancia do respeto ao espirito constitucional na toma de decisions e na aprobación de leis.

Os seus membros non son elexidos polos cidadáns e polo tanto non son seus representantes. Con tal motivo non poden facer funcions de executivo ou lexislativo.

Tal e como está hoxe cocebido acaba sendo un órgano partidario que amputa ou anula leis aprobadas polos distintos lexislativos, que no fondo actúa como a terceira cámara lexislativa, incluso con mais poder que o Senado.

O TC realiza principalmente duas funcions: verificación da constitucionalidade das leis aprobadas e arbitraxe entre administracions.

Os dous partidos maioritarios, polo seu potencial de voto, son os únicos que poden elixir membros do constitucional e tamén os únicos que poden formar goberno en Madrid. Por tal razón cando o goberno central recurre unha lei autonómica tén moita vantaxe frente a un goberno autonómico por que contan cos árbitros. Tendo en conta que no referente á descentralización ambos partidos son coincidentes, cada vez que unha lei autonómica parece modificar sustancialmente o panorama establecido, todo o TC actúa ao unísono.

Entón o TC non é órgano de garantías neutral. Polo tanto, en caso de conflicto as súas sentencias teñen moita carga partidaria. Para evitar ou atenuar esto, para facer o TC mais neutral, as CCAA deberían intervir na elección dos membros do TC.

Por outra parte nos asuntos que non son de arbitraxe entre administracións as suas sentencias deberían ser consideradas dictames que se remitisen ao lexislativo correspondente e obrigase a debater de novo a lei recurrida, tendo en conta eses informes.

A elección dos membros do TC tanto no que respecta as condicións para ser membro como a mecánica debe ser modificada para conseguir maior neutralidade. Por exemplo na constitución de 1931 había un representante por cada comunidade autónoma.

 

O sistema electoral foi pensado para evitar fragmentación paralamentaria. Entón, para este fin, faise un sistema que produce o efecto contrario, a concentración dos parlamentarios hacia os partidos mais votados. Tamén facilita a consecución de maiorias absolutas. Un partido pode acadar a maioría absoluta con un 44% do voto.

A lei D´hont favorece aos maioritarios e penaliza aos minoritarios. Tamén a circunscrpción electoral, canto mais pequena, mais agudiza ese efecto.

Por outra parte o voto por partido impide que o elector poida reapartir o seu voto en mais de un partido. En consecuencia mais concentración de voto. Ademais, con este formato, o elector sufre o efecto voto util que consiste en, ante a posibilidade de que a súa opción primeira non obteña o respaldo por él esperado, decida dar apoio a unha opción similar con mais posibilidades de triunfo. Todo esto fai que o voto e a representación se acabe concentrando en torno a dous partidos.

Nas eleccions xerais do 2008, entre os dous partidos, obtuveron o 84% dos votos e o 92% dos escaños.

Por outra parte este sistema tén outro efecto pernicioso que é a partitocracia. Ninguén pode sair elexido se non vai incluido nunha lista dun partido. Os partidos teñen a potestade de decidir quen vai incluido nunha lista. O elector non vota candidatos vota partidos.

Por todos estes motivos os candidatos pasan a ser irrelevantes frente aos partidos. Por esta razón se alguen quere ser candidatable tén que preocuparse mais de coidar as boas realacions a nivel interno de partido que da opinión que, con respecto a si, teñan os votantes. Cada vez teñen mais forza os denominados aparato do partido, nucleo duro dos máximos dirixentes. Consecuentemente os partidos xerarquizanse cada vez mais. A xente valiosa fuxe de estes tinglados, deixando paso a autenticos intrigantes, mercenarios sen escrúpulos e carentes dun futuro decoroso fóra dun partido político.

A democracia convertese en partitocracia bipartidista onde a soberanía popular é sustituida pola soberanía do estado, e dicir os poderes do estado, como na Pepa, a constitución de 1812. Retrocedemos 200 anos.

Esto produce desafección e como acto reflexo, e pouco reflexionado, alguns cidadáns claman pola reducción do número de cargos políticos e reducción das retribucions dos políticos. Craso erro.

A reducción do número de políticos produce o mesmo efecto que a reducción territorial da circunscripción electoral. Desaparición das minorias e da pluralidade.

En canto á remuneración da clase política dicir que a cuantía total ou parcial non representa unha carga importante para o contribuinte.

Di a vox populi que o político debe ser vocacional e polo tanto non debe profesionalizarse. Un bo médico, un bo advogado, teñen que selo por vocación pero non por eso van facer unha labor totalmente altruista.

A política require de xente con valía, que en moitos casos precisa de unha dedicación plena ou casi. Se non se lle proporciona unha remuneración adecuada podemos quedarnos con unha clase política de ineptos desocupados ou de ineptos que traten de conseguir recompensa por vias pouco éticas, con algun que outro competente e altruista.

 

Para atenuar os efectos perniciosos, dar a representación verdadeira a cada partido, favorecer a pluralidade política igualandoa a pluralidade social, potenciar ás persoas frente aos partidos e obrigar a que os cargos electos respondan ante os seus electores da xestión hai que introducir modificacions no sistema.

Primeiramente listas abertas. Non é fácil técnicamente e trae algún inconvinte para o elector como é ter que coñecer o curriculum dos candidatos. Non obstante paga a pena estudiar unha fórmula adecuada.

Ampliar a circunscripción ata a comunidade autónoma. Con esta amplitude, normalmente, os restos resultantes de aplicar a Lei D´hont non chegan a acadar o 3% mínimo exixido para entrar no Congreso e, polo tanto, non se penaliza aos minoritarios.

 

O entramado xudicial da dictadura somente daba contas ao réxime e non tiña que responder ante ningun outro poder. Habia xuzgados especiais para tratar asuntos de caracter político. Era unha estructura xerarquica centralizada, cos xuzgados de ultima instancia  en Madrid, como o resto da administración. Os xuices eran dun corte conservador en consonancia co réxime e coa abogacía. Salvo para asuntos políticos disfrutaban de unha alta autonomía para as sentencias e en bastantes casos aceptaban recomendacions de persoas coñecidas. Eso conferíalle un poder importante do que non desdeñaban tirar algun proveito.

Ese entramado pasou integro á democracia. Introduciuse algunha variante como crear os tribunales superiores autonómicos pero tal e como reza na constitución  El principio de unidad jurisdiccional es la base de la organización y funcionamiento de los Tribunales…., o cal implica unha continuidade do aparato centralizado da xusticia.

A forma de elexir os órganos que gobernan a xusticia, dalle unha importante dependencia do poder político e principalmente dos grupos maioritarios.

Evidentemente a xusticia é unha parte fundamental da democracia. Se a xusticia está intervida e non é igual para todos temos unha democracia tramposa.

Hai que descentralizala xusticia para rachar esa rede de protección dos privilexiados. Hai que mudar a forma de elección que ainda que teña o seu orixe nos representantes populares sexa obrigado a unha participación mais plural de todo o Congreso.

 

Por ultimo, non é suficiente con que o Estado se declare aconfesional, tamén ha de declararse laico e nas colaboracions coas distintas confesions non ha de haber prevalencia de ningunha nin sometemento do Estado a ningunha de elas.

A constitución de 1931 declaraba o Estado aconfesional pero engadía que o Ensino tiña que ser laico.

 

 

EN DEFENSA DO FEDERALISMO

 

A democracia significa participación do cidadán no ordenamento xurídico. O resto, decisions por maioría, respeto ás minorias, votacions, non deixan de ser accesorios, consecuencias, para poñer en práctica a democracia.

Inicialmente a participación cidadán foi directa en xuntanzas asamblearias. A según foi pasando o tempo, en parte por que os colectivos implicados medraban de tamaño, foise facendo mais indrecta co cal o poder de decisión ibase alonxando do cidadán.

Os estados actuais xa comezan a non responder ás necesidades do mundo moderno principalmente no ámbito do comercio internacional, a mais de outros aspectos, por iso houbo que constituir a Unión Europea.

Por outra banda a maior parte dos estados son excesivamente grandes para o exercicio de unha verdadeira democracia participativa, aquela que ofrece unha participación activa e real do cidadán, de xeito que os centros de información, decisión e execución están moi alonxados de él

Así pois a participación do cidadán queda reducida a que, de tarde en tarde, participe nunhas eleccions de representantantes, logo dunha campaña electoral que pretende ser informativa, con promesas que a miudo son esquecidas e incumpridas, onde ao cidadán lle queda pouca capacidade de control e presión, reducindose básicamente á conformación de unha “opinión pública” cuio poder real é moi limitado e a sua eficacia queda moi atenuada  e mediatizada pola actuación de grupos de presión e o control interesado dos medios de comunicación.

Isto explica, entre outras cousas, o desánimo e desafección que se observa en amplios sectores da sociedade e mais a forza dos ataques a que se ve sometida por parte de colectivos poderosos que pretenden implantar estructuras políticas que salvagarden os seus intereses ou perpetuar o poder que xa teñen acadado ou pretenden acadar.

A existencia dos estados actuais basease nun concepto de soberania que a evolución económica, e consecuentemente a evolución politica, vai facer estourar.

En xeral o hipernacionalismo estatal sempre foi reticente a ceder competencias á UE, por puro egoismo “patriotico”.

Por outra parte tamén é reticente á cesión de soberania hacia instancias de ambito territorial inferior. Así a soberanía do Estado é total, indivisible e inalienable. Como moito delega partes de esa soberania de xeito controlado e mantendo a capacidade de revisión e recuperación de competencias.

Cando utilizamos o nominal Estado estamosnos a referir as institucions centrais radicadas na capital.

Faise esta aclaración por que é moi recurrente, por parte dos partidos estatais, sobre todo os xacobinos, que esas institucions centrais son as unicas que representan totalmente a todo o Estado cando iso non é estrictamente certo. Tamén a totalidade das institucions de ambito inferior representan a todo o Estado e, polo tanto, tamén son transmisores da vontade cidadán de todo o Estado.

Este concepto de estado unitario con soberanía total xa entrou en crise e iso podese observar claramente a partir da última crise ecnómica mundial onde os estados teñen a obriga de coordenarse con outros e incluso receben ordens do exterior que teñen que executar se non queren quedar aillados e indefensos. Xa se escoitan voces na UE que reclaman un maior avance na unión económica e en parte na unión política, o que supón claramente cesión de competencias hacia a UE.

As teses con mais futuro son as que defenden unha concepción federalista. De feito a UE xa é unha unión confederal moi incipiente que precisa afondar e avanzar na coordenación economica e posiblemente política. A teoría federalista arranca da existencia duns entes con personalidade propia con pleno dereito a desenvolver esta personalidade no ámbito politico e xurídico.

Estes entes teñen soberania propia, non delegada, no seu ámbito xeográfico, que comparten con outros entes conformando así outros entes “superiores” aos que non deben ceder aquelo que poidan facer por si mesmos con eficacia e sen merma da solidaridade.

Isto tamén é valido para o Estado Español onde o federalismo ha de partir dos entes naturais plenamente recoñecidos polas suas peculiaridades xeograficas, culturais e históricas.

O escalonamento institucional partindo dos concellos ate os óganos estatais, permite esa participación activa e real dos cidadáns que nun estado centralizado sería irrealizable.

Un dos argumentos mais socorridos polos xacobinos en contra da descentralización, e incluso ultimamente a favor dunha recentralización, é que a estructura federal resulta moi cara ou mais cara.

Ainda dando por certa esta hipótese, que como veremos non o é, chegaríase á simpleza de que o mellor sistema político sería unha tiranía, goberno unipersoal. Por outra parte aqueles que defenden o centralismo en España, con estes argumentos, contradicense  posto que son os mesmos que defenden unha UE totalmente descentralizada. Se a sua hipotese fora certa ¿Estarían dispostos a liquidar o estado español e incorporalo a outro estado ou facer un Estado Europeo con institucións politicas centralizadas en Bruxelas?. Penso que non. Hai cousas que non teñen precio, están por enriba de custes. A saude, a educación o benestar son dereitos aos que ninguén renunciaría por un criterio de custes. A democracia tamén.

Por outra parte o argumento dos custes non tén fundamentos nin está debidamente razoada e xogase en exceso coa oratoria demagóxica.

¿Pode un estado ter maiores custes por ser federal? Os alemans afirman rotundamente que a sua estructura fedral non é sensiblemente mais cara que un estado centralista por que se neste último caso non habería organizacions administrativas dos estados federais, a cambio si habería que montar unhas estructuras administrativas provinciais delegadas da administración central de similar complexidade ás federais.

Pola contra unha estructura federal produce unha maior axilidade político-administrativa que compensa as minimas diferencias de custes que se poidan dar por que se produce unha maior receptividade as problemáticas e reivindicacions e unha maior rapidez na toma de decisions que se houbera que esperar a que o aparataxe estatal se puxera a debater e aprobar idénticas cuestions. A maiores con unha división político-administrativa resulta mais facil iniciar debates e aplicar solucions para asuntos que afectan a ámbitos territoriais reducidos.

Nalgun momento tamén se chegou a dicir que era un contrasentido que, nun momento que se trata de unir estructuras supraestatais, se pretenda dividir o estado español.

Evidentemente, quen así argumenta, tén un absoluto descoñecemento do que se pretende e dos beneficios que reporta. Simplemente se limitan a reproducir os argumentos do seu ideologo de cabeceira que normalmente é o lider do partido co que simpatiza.

Como xa vimos o escalonamento institucional é imprescindible para unha mellor participación do cidadán. Polo tanto estar en contra da división político-administrativa é voltar aos tempos dos imperios da Idade Antigua.

Que esa división sexa centralizada ou federal tén unha diferencia moi importante. Nas estructuras federais os entes menores poden tomar decisions políticas co que poden dar solucions mais inmeditas, mais específicas e eficaces, cando nas estructuras centralizadas as institucions menores son delegacions, meras correas de transmisión sen capacidade politica para tomar decisións ou atender reividincacions de carácter político.

 

Por todo esto defendemos un Estado de carácter confederal:

  • Por maior compromiso democrático co a cidadanía
  • Por maior eficacia político-administrativa
  • Pola necesidade de construir un mundo mais humano e adaptado á dimensión do home.

 

 

 

Fernando Alonso

—————

Voltar