Foro galego de testemuña cívica
900.000
12-09-2014 23:43Esta sería a cifra de asistentes á “V” da Diada, segun reconto estadístico feito pola Universidade Autónoma de Barcelona.
Como dice Enric Juliana, nun artigo periodístico, Más que una manifestación ha sido un acontecimiento ‘olímpico’.
Mentras tanto Rajoy impasible el ademan. O réxime que o respalda, neste asunto, está disposto a xogar ao todo ou nada. Non lle valen medias tintas por que igualmente sería renunciar aos privilexios de todo tipo, de poder económico, de poder político e de poder xudicial.
Un Rajoy que descoñece o alcance e fundamentos do movemento independentista, malísimamente aconsellado polos asesores do réxime, vai conseguir que todo remate xustamente no lado oposto ao que él pretende.
Toda a súa estratexia radica en deslixitimar o referendo, en advertir que unha Catalunya independente quedaría fóra de Europa e tratar de desprestixiar ás cabezas destacadas do movimento catalanista. Tentarono con Artur Mas, agora botan a relucir o caso Pujol, que xa o coñecían dende hai trinta anos pero supostamente agora é o momento oportuno, por que ademais deixou de ser colaborador do réxime. Por último on burdo intento de emporcallar á ANC de Forcadell.
Como se comprobou coa multitude da Diada, un fracaso total de estas estratetexias de intimidación e xogo sucio.
Rajoy, parece un simple recadeiro, como decían na mili vostede non pense unicamente execute as ordes. Por que non se poden facer as cousas tan rematadamente mal. Penso que, en última instancia, unicamente pensa en si mesmo, en non ser o presidente do Goberno do Estado que permeteu a independencia de Catalunya. Aguantar ata as eleccións xerais e traspasarlle a patata quente ao seguinte goberno. Pero, a este ritmo, incluso eso comeza a ser dificil.
Se no referendo de Escocia gaña o SI, nada improbable, obviamente Escocia non quedaría fóra da UE e, con esto, quedaría desmontado un dos argumentos de mais peso do unionismo. O clamor popular en Catalunya sería “olímpico” e irrefrenable.
—————