Foro galego de testemuña cívica


A LIGA PARTICULAR DO PP-PSOE

29-04-2014 22:07

En términos futboleros dise que un equipo xoga unha liga particular cando os seus obxectivos non poden consistir na obtención do campionato. Así temos os que xogan pola permanencia ou por entrar en competicións europeas. Ven a ser a forma de definir o seu papel dentro da competición. Incluso o Madrid e Barça, aspirantes ao campionato, a medida que perden bazas de victoria refuxianse en sucedaneos como quén ten o máximo goleador, o menos goleado, o mais mediático, etc.

Trátase de variar os obxectivos reais de calquera competición por outros mais acordes as espectativas coa intención de manter vivo o interese do seguidor do equipo.

O PP-PSOE, utilizan unha estrataxema similar. Comos os obxectivos reais non coinciden con aqueles nos que se fundamenta a competencia democrática, resultan inconfesables, trasmitenselle ao seguidor outros obxectivos secundarios, facendo pasar por interese xeral o que é particular de si propio e viceversa.

Esto conleva a que, cada vez mais, mostran un alto nivel de coincidencia no fundamental que os fai indiferenciables.

Para paliar eso, tiran do manual de meter medo, o voto do medo, como último recurso  “ainda que non creas totalmente en min, vótame para que non gañe o outro, o que si mete medo”.

O importante non é que se fai ao día seguinte co voto, o importante é a tranquilidade de que non goberne o demo. Nesto consiste o chamado voto útil que, pouco a pouco, vai derivando en que goberne o menos malo, o cal, obriga a uns cada vez maiores niveis de permisividade, por parte do votantes, con tal de evitar cair nos profundos do inferno sen darse conta de que así, con esa actitude, si que cria uns endemoniados.

Esto adóbase adecuadamente, dandolle unha importancia transcendental á victoria propia. O importante xa non é como te vai gobernar o gañador se non quen pasa a formar parte dos vencedores ou dos derrotados. O importante é quen vai levantar o trofeo, onde se vai celebrar a victoria, se na fonte de Canaletas en Barcelona ou na Cibeles de Madrid, se se vai arengar ás masas no balcon da rúa Génova ou no de Ferraz.

A estación término é a coversión do votante fiel, nun forofo incondicional.

Sirva como exemplo unha anécdota real de vivencias propias. Tertulia con votante socialista. Falando de enquisas e de que o PP pode tirar mais votos que o PSOE, o meu interlocutor, Vs, laméntase.

 Vs: Non entendo por que o votante do PP non se da de conta que tén que deixar de votar a ese partido por toda a corrupción  e as políticas antisociais que desenvolve.

Eu: Recórdolle os casos de corrupción do PSOE e mais que, no fondo os dirixentes, o que realmente buscan é unha boa poltrona para cando se retiren da política.

Vs: Demostrando honestidade, recoñéceme que teño razón. Tamén deixa entrever que posiblemente siga votando ao PSOE.

Eu: Non entendes ao votante do PP cando tí te comportas do mesmo xeito. Mírate ao espello e verás ao votante incondicional do PP. Estaslle exixindo aos demais o que ti non queres facer. Enton ¿Como tés pensado convencelos?

Vs: Se non voto ao PSOE, o meu voto diluese e deixa de ser útil por que gañaría o PP.

Manipulanse os resortes sicolóxicos das masas para que respondan como autómatas carentes de raciocinio.

Outro dos argumentos que esgrimen tén moito tufo a dogma relixioso: A cúpula non tén comportamentos adecuados pero a ideoloxia que defenden si é a boa.

Ademais de convertilos en hoolligans, infundenlle un fervor laico, de que esa é a verdadeira doctrina, o verdadeiro Deus, polo tanto, a pesares dos seus pecados, hai que entender que son humanos e por eso non deixan de ser a verdadeira igrexa, e son os únicos que os poden defender das fauces do demo.

Estas reflexións valen tanto para uns como para os outros. Estrataxemas idénticas para os mesmos fins.

Entramos na campaña electoral das eleccions europeas. As enquisas dan un baixón importante do bipartidismo. Pois como se non fora con eles, erre que erre, seguen a vender bipartidismo. O discurso central segue a ser  o raca raca de que hai que gañar para derrotar ao inimigo. Punto pelota.

Non teñen outra mercancia que ofrecer, nin lle interesa tela. Confían en recuperar aos autómatas “averiados” ou, cando menos, que non se pasen ao inimigo. A prazo medio xa voltará o fillo pródigo.

As valoracions dos resultados electorais que presentan públicamente, non se fan a posteriori, analizando sesudamente o que ocurreu.

Como son parte importante do marketing de partido, elaboranse con antelación, detidamente, con tempo, analizando os posibles escenarios a según as enquisas que manexan.

Nesas valoracions, sen ánimo de ser vidente, mais dose de bipartidismo. Todo se reduce a quen é o gañador.

Pola parte do PP, por xogar en campo propio, é dicir, coa vantaxe de gobernar, evitar que apareza a sensación de baixada frente ao inimigo, unicamente lle vale a victoria, ter mais votos que o PSOE ou que o grupo popular europeo teña mais escanos que o socialista.

Pola parte socialista, por xogar en campo alleo e partir de peor resultado, formidable unha victoria e non sería un desastre unha derrota pola mínima.

En calquera caso, se se confirman as enquisas, victorias pírricas que se encargarán de transformar en magníficos triunfos.

Hai que lle seguir dando corda aos forofos, esconder a parte negativa e esperar a que escampe.

Como di o antiguo lema da garda civil, que quere recuperar o PP para os cuarteis: Todo por la patria.

—————

Voltar