Foro galego de testemuña cívica


XUSTIZA SELECTIVA

06-08-2014 18:58

Jordi Pujol, alias Molt Honorable, entra en desgracia. Posiblemente arrinconado e sen posibilidades de escape decide tirar da manta, lenvantala alfombra para mostrar as suas malas artes durante mais de tres decenios, na xestión dos diñeiros públicos. Intuese que esa franqueza declarativa servelle para evitar males maiores e tentar de protexer ao resto da familia.

Foron os medios a disposición do goberno central, policia e facenda, os que realizaron a investigación que, ao irse filtrando paulatinamente, obrigaron a Pujol a sair da toqueira.

 

Dende o asunto de Banca Catalana e dispois da consabida acusación de Maragall do 3%, quedaba claro que algo cheiraba a podre. Os poderes centrais, xa entón, tiñan datos dabondo para ter aberto unha investigación pero, non só non se produciu esto, senon que todo indica que se lle botou unha mán para sair ben parado da empleitada.

 

Pode resultar chocante que os sucesivos gobernos centrais poideran protexer á “besta negra” dos nacionalismos. Os gobernos centrais sempre trataron, por todolos medios, de impedir unha descentralización dos poderes do estado e puñan en marcha toda a artillería dialectica e política a cada reivindicación do Honorable, para xenerar un desgaste da súa imaxe e tratar de frenar as suas pretensións.

 

No fondo Pujol sempre comulgou cun autonomismo pero de nivel avanzado, que era o que incordiaba en Madrid. No fondo resultaba ser un perigo menor. Por que no fondo viña a ser un mais do Réxime, que si incordiaba pero,ao mesmo tempo, funcionaba como unha represa de contención de maiores ansias reivindicativas da sociedade catalana. Maragall quixo ir mais alá e foi fulminado via PSOE. Pujol tamén era útil para apuntalar maiorías minoritarias no Congreso de Deputados.

Digamos que o Réxime tiña un socio incómodo pero valioso. Había que protexelo por que, do contrario, as consecuencias podían ser bastante peores para ise Réxime.

 

¿Que mudou para que de repente se produzan estas ansias de persecución dun caso de corrupción e despelexamento público, por parte dos poderes do Estado hacia un, ate moi puco, socio relevante?

Ante todo, logo das declaracións do encausado, non se pode falar de falsas acusacións. Non obstante casos similares, por desgracia, hai dabondo na política española que non teñen o mesmo tratamento, nin parecido. Por poñer un exemplo, Bankia é un caso claro de estafa e fraude, de bastantes mais miles de millons, e as consecuencias son que o banqueiro encarcelado foi de inmediato posto en liberdade e o xuiz responsable pasou a ser xuzgado e inhabilitado para continuar.

Na Cosa Nostra, cando alguen rebasa uns límites preestablecidos, que poñen en perigo os negocios da “familia”, chégase ate as últimas consecuencias. Pujol converteuse nun branco perfecto para matar varios páxaros de un tiro.

 

Durante a sua etapa de lider político cultivou unha imaxe catalanista reivindicativa que o converteu en referente de gran parte da sociedade catalana transversal. Converteuse nun símbolo, un dos mais prestixiosos iconos do espirito reivindicativo catalán. Por outra parte foi fundador de CIU e tamén o lider carismático e mais representativo de esta forza política.

Tanto Artur Mas como CIU son pezas indispensables para que prospere adecuadamente o plan soberanista aprobado polo Parlament catalán. Calquera outra forza política pode ser incluso mais prescindible.

Artur Mas xa recebiu un aviso cando foi filtrado un informe descalificador, supostamente policial, a través dun xornal, que logo resultou non ser verdadeiro por que nin iba asinado nen ninguen recoñecia a súa paternalidade.

Desprestixiado Pujol, os efectos colaterais poden ser múltiples: derrubase un dos símbolos mais importantes do catalanismo, deixase tocada á forza política que liderou e, de paso, abrese a porta ás dúbidas sobre cal  é o grao de honra e implicación de Mas co seu pai político, abrese a posibilidade dun avergoñamento da sociedade catalana, dunha desconfianza hacia o catalanismo e, consecuenteme, desmoralización do movemento soberanista, en vesperas da consulta do 9 de novembro. Iso sen contar o posible efecto intimidatorio sobre a burguesía catalana.

Demasiadas circunstancias concurrentes para pensar que este cúmulo de coincidencias unicamente se deben á casualidade e non foi premeditado e planificado.

A xustiza é necesaria e débense investigar os comportamentos dos representes dos cidadáns pero cando se fai de forma arbitraria e selectiva acaba convertendose nun instrumento mais de corrupción.

—————

Voltar