Foro galego de testemuña cívica


NO BO CAMIÑO

22-05-2014 18:46

En todo este tempo de transición  dironse as codicións adecuadas para que evolucionaran dous tipos de parasitismo político: os que aspiran a converterse en casta política para sultanear aos cidadáns, do seu ámbito competencial, e os que conformaron unha rede clientelar de intercambio de favores, mafias políticas asociadas a mafias económicas, administrativas e outros especimens.

Como parásitos que son, precisan dun habitat adecuado para sobrevivir e fóra de él perecen. Precisan dun ecosistema que eles mesmos se encargan de construir e sustentar, dia a dia, como os castores que fán presas nos rios para poder pescar e reparanas cando sufren algun deterioro.

Para rematar co a plaga hai que eliminar aos parásitos pero, ademais, hai que destruir ese ecosistema, modificalo para que non se dean as condicións nas que poidan voltar a aparecer.

Un dos sustentos principais, sobre todo no parasitismo clientelar en rede, foi o bipartidismo. Ubicado na centralidade, con espírito centralizador para, dende alí, lanzar as suas redes a todo o ámbito territorial do estado.

Instalados na comodidade de saberse vencedores por anticipado e de disfrutar do poder, cando menos cada duas lexislaturas, cada vez con menos argumentos para vender diferencias entre si, que no existen, dedicanse a vender bisutería electoral.

Se se rompe o bipartidismo, estaríase a dar un paso importante tanto para rematar co parasitismo como para destruir o seu ecosistema.

Nas últimas enquisas aparecidas sobre os posibles resultados das próximas eleccións europeas, o bipartidismo cairia aos índices mais baixos de esta etapa democrática. Magnífica noticia á falta de confirmarse nas urnas. Os efectos asemellanse aos primeiros instantes da aplicación dun antibiótico en que se reduce o número de xermens pero en que hai que manter o tratamento para que finalmente as autodefensas destruian e controlen a situación.

Outra boa noticia é que, aparentemente, tamén por confirmar, que cada vez mais electores xa non están dispostos a comprar esa bisutería electoral.

O PP cunha estratexia baseada nas mentiras continuadas que tentan inxectar un optimismo pueril, sen o menor rubor,  e nos tópicos sempre utilizados polo bipartidismo de vótame a min para que non gañe o outro, parecen non topar eco na audiencia, nin xiquera na sua propia. Comeza a trascender un certo nervosismo, o do quen se lle acaba o tempo de partido e non ve unha vitoria clara.

Tampouco o PSOE consegue aumentar a súa cota electoral a pesares dos patinazos do señor Machete. Como moito restarlle prestixio e votos aos populares. Aparentan a tranquilidade do que non partía como favorito e un empate, ainda que sexa técnico, valelle para o partido de volta, as seguintes eleccións.

Todo parece indicar que se está a dar unha mestura de fartura e madureza cidadán. Un bo síntoma por que non é posible unha democracia de calidade sen unha sociedade concienciada e madura. Comezan a darse os síntomas de inicio para que, continuando co tratamento, rematemos co a peste.

Agora compre que non se torza. Que se manteña a cordura tanto dos votantes como da clase política herdeira de este aparente cambio. Espero que así sexa por que nos xogamos moito e raramente hai segundas opurtunidades e case nunca a curto prazo.

—————

Voltar