Foro galego de testemuña cívica


CUESTIÓN DE PRINCIPIOS

29-04-2014 22:04

Nas sociedades libres, a convivencia social sustentase na colaboración entre individuos e sobre principios mutuamente aceptados.

Ata que chegou a revolución francesa, coa liberté, egalité e fraternité, a sociedade dividiase en castas de nobres e viláns. Un rei elexido por Deus pastoreaba un rebaño de subditos.

As democracias aparecen para liberar, igualar, converter os subditos en cidadáns e os elexidos por Deus a ser sustituidos por elexidos polo pobo.

Pero os principios da revolución francesa non foron nin son interpretados de igual xeito en todolos lugares.

Asi temos dende modelos moi democráticos e participativos ate os que reducen a democracia exclusivamente á liturxia do voto.

Esas diferencias veñen dadas polo concepto que, do cidadán e mais dos roles que lle coresponden á sociedade civil, teñen os encargados de lexislar.

A sociedade civil existe por si mesma. Son as estruturas organizativas, políticas, as que han de ser creadas. Polo tanto esas estruturas, en teoría, deberían ser consecuencia do debate e reflexión da sociedade.

Os poderes absolutos son impostos, non sometidos ao cidadán e tratan de perpetuarse pola sua lóxica egoista.

Por eso, excepto no caso de revolucións populares, a implantación democrática tende a ser lenta e serodia.

España é un dos casos relevantes de retardo democrático, no ámbito xeográfico no que nos movemos.

Prácticamente ate o 1978, non hai un longo prazo democrático e producese pola apertura inevitable, do réxime dictatorial, hacia unha democracia que pase uns controis mínimos de homologación, requeridos dende o exterior.

Mais pola vontade reacia de estes poderes establecidos a perder poder de decisión, tal apertura, parecese ás das caixas fortes dos bancos, vixilada, con retardo e ao mínimo posible.

Despois de todos estes anos, diriase que para os cidadáns a democracia quedou reducida a poder disfrutar de liberdade de opinión e a que se poidan elexir aos pastores que han de guiar aos gregarios.

Se a democracia fora froito da iniciativa popular, partiriase de cero, comezando por, entre todos, acordar o modelo e os fins de asociarse colectivamente.

En canto ao modelo, trataríase dunha especie de cooperativa co fin de acometer asuntos que non pertencen ao marco do libre mercado pero que han de ser resoltos de xeito colectivo. Unha cooperativa, contratadora de servizos que non se poden mercantilizar para que cheguen a todos e en igualdade de condicions.

Dado o elevado número de cooperativistas non se pode debater nin gobernar de forma asemblearia. Inevitable acudir a representantes que se constituen, agrupan, en órganos de discusión e de goberno.

Con esta estrutura, para que os cooperativistas non sexan suplantados, non perdan nin a condicion nen os dereitos de propietarios, os estatutos constitucionais han de contemplar, como mínimo, que os socios-cidadáns:

  1. Han de poder marcarlle as pautas aos órganos de decisión e goberno.
  2. Ter a potestade en exclusiva de elexir os cargos de dirección
  3. En caso de emerxencia, producida por que existan cargos directivos que mostren unha clara  incapacidade, desidia ou defender intereses perxudiciais para a sociedade, poder destituir aos mesmos.
  4. Cando estean disconformes co as políticas desenvolvidas polos xestores, poder obrigalos a modificalas.

Esto é perfectamente trasladable ao ámbito político, sen dubida ningunha. Se non se está a facer actualmente é por que simplemente non interesa aos poderes establecidos.

Se comparamos estes principios cos que se poñen en práctica na democracia española, vemos que unicamente está previsto que se aplique o apartado b. O resto son potestade dos representantes.

Aquí é onde radican básicamente os males de esta democracia. Con malos principios acabanse obtendo malos resultados e malos fins.

Bastaría con introducir na práctica política o resto dos principios, antes enumerados, para que indefectiblemente cada quen volva a ocupar o lugar e protagonismo que lle corresponde.

Nunca mais escoitar os consabidos tópicos de todolos políticos son iguais, van ao seu e non contan connosco para nada.

E eso hai que escrebelo a lume no único sitio no que se consegue que sexa plenamente efectivo: a Constitución.

—————

Voltar