Foro galego de testemuña cívica


CATALANOFOBIA

10-10-2014 23:42

Reflexions de un cidadán

É preocupante o crecemento do odio cara a todo o que ten que ver con Catalunya que estou observando en Galicia nos últimos anos. Empeza a ser algo habitual que haxa persoas que digan ás claras que non queren adquirir produtos fabricados alí e que aducen razóns políticas para esa decisión.

 

Eu son galego, pero vivín vinte cinco anos en Catalunya. En todo ese tempo vivín situacións de tensión entre as administracións central e autonómica, pero nunca vin alí ninguén que deixase de comprar un produto do resto de España, en base á súa procedencia xeográfica, independentemente do pensamento político que tivese. Esta lección silenciosa do pobo catalán ensínanos que o civismo e a tolerancia son actitudes que hai que practicar día a día e que sería bo que nós, antes de criticar aos demais, víramos cal é o noso proceder cotián; quizais entón máis dun escribidor de medios de comunicación, e o propio presidente da Xunta, deberían reflexionar sobre a súa contribución ao actual estado de cousas.

 

Ignoro se teremos a tan manida consulta soberanista e cal será o resultado final de este proceso, pero comprobo con tristura que os lazos afectivos entre Catalunya e o resto do Estado estánse a desfacer. E actitudes coma esta non fan mais que empurrar aos catalans fóra de España. E en contra do que algúns poidan querer pensar, as responsabilidades xa non están repartidas a partes iguais.

 

Reflexión política

A loita en torno ao proceso catalán é unha loita de poder, de poder de decisión, por ambas partes.

A Constitución Española establece que o cidadán tén o poder de elixir aos representantes pero o poder de decisión reservallo unicamente aos políticos. Non se pode confundir poder votar representantes con poder de decisión. Cabe unha remota posibilidade de que os cidadáns poidan decidir pero co a autorización previa dos políticos o cal ridiculiza ese posible poder de decisión.

Dentro de este marco, non toda a clase política tén o mesmo poder de decisión. Creanronse entes territoriais, Autonomías e Concellos, pero política e lexislativamente subordinados ao poder central o cal limita e reduce o poder de decisión de ditos entes. Se ademais, unha maioría do Congreso é a que está lexitimada para tomar decisións vemos como, na práctica, o poder auténtico queda reducido a uns poucos representantes do pobo.

 

Eses grupos políticos son os que alegan, para estar en contra do proceso catalán, que os cataláns non poden ter dereito a decidir por separado por que a Constitución di que a soberanía reside no pobo español.

Á vista do anteriormente exposto, a soberanía non reside realmente no pobo se non na clase política. Ademais, esa Constitución, non permite ningún tipo de control sobre ningun dos tres poderes establecidos, Polo tanto non se pode alegar a defensa duns dereitos dos españois, que na realidade non existen por que a mesma Constitución négallos, no resto do seu articulado.

Por outra parte, que a soberanía resida no pobo español, non implica que o espirito da Constitución sexa que todolas decisións teñan que ser adoptadas por todo o conxunto dos españois. Se así fora sería unha contradición co a existencia dos entes territoriais que precisan dun ámbito propio de decisión. Así sucede que os acordos de concellos e autonomías no precisan dun referendo estatal.

Se o problema fora que deben votar todolos españois sería facil de resolver por que bastaría con que o goberno central convocase votacions de consulta, o 9-N, no resto do territorio español.

 

O que está a facer o réxime do 78 é tratar por todolos medios de blindar a súa exclusividade de poder de decisión para un reducido grupo de políticos que gobernan dende Madrid e, para eso utilizan como escudo e excusa a defensa dos dereitos do resto dos españois cando eso importalle ben pouco. Só hai que fixarse nos recortes, corrupcions e saqueo, tanto da clase política como financeira e amigos empresarios, portas xiratorias, para comprobar que non teñen mais intereses que os seus propios.

Entón, cando alguén sae respondón, faiselle unha campaña calumniosa de descrédito, crease un inimigo externo e preparase o cadalso para a súa execución política. Morto o can, acabouse a rábea e a continuar cos desfalcos.

O exemplo ben claro do seu interese en compartir as suas decisións cos cidadáns, témolo na recente reforma exprés da Constitución, perpetrada con alevosía e sen consultar para nada o parecer de eses mesmos españois que tanto din querer agora defender. E non era unha reforma calquera posto que significou antepoñer o pago da deuda dos nosos bancos cos alemáns mediante o rescate que agora temos que pagar entre todos para que os Blesa de turno queden liberados de toda responsabilidade, sacrificando o estado de benestar e dereitos moi básicos de todos.

Na práctica o que Catalunya pretende é realizar unha gran enquisa, non vinculante, para saber que opinan os catalans sobre a sua pertenencia ao Estado Español. E para nada eso é inconstitucional nen se lle pode negar a nengun cidadán.

—————

Voltar